CIRCODENADAL
AQUALIA

O Son das Mámoas

04nov(nov 4)19:0005(nov 5)04:30O Son das MámoasFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 8,00€Evento cancelado por mora da previsión metereolóxica19:00 - 04:30 (5) Espazo de Lecer e Festas de Candeán

Detalles do eventos

O festival O Son das Mámoas naceu no ano 2010 co claro obxectivo de fomentar a vitalidade de Candeán. A xente nova da parroquia creouno e cada certo tempo prodúcese un relevo xeracional para que sigan sendo os máis novos os que se encarguen de organizar este festival autoxestionado. Unha nova comisión colleu a remuda do festival este 2023 e unha das novidades é que os concertos celebraranse no novo espazo de lecer e festas de Candeán.

Outra das patas do evento é a aposta pola música local. A banda de rap galega Rebeliom do Inframundo estará presentando ‘Amor ou barbarie’, un traballo de dezasete temas que presentaron o pasado mes de marzo e co que subiron algúns dos mellores festivais de Galicia este verán. Os vigueses Treintañeras Cañeras estarán dando estopa ao son do seu disco ‘Música para el programa de Bertín Osborne”. Tamén subirá ao escenario de Candeán Nadie González, que fará soar os seus temas intimistas pero cunha forte compoñente social. Yago e Samu porán a bailar ao público coa súa sesión Tamagoxxxi Sound System na que combinan os sons latinos, a música electrónica e sorpresas fora do común. O fin de festa correrá a cargo de Overdose Club, o proxecto de electrónica alterativa, liderado polo vigués Kaixo.

O festival é organizado por un equipo de voluntarios que cren na autoxestión e que buscan que un festival nacido na periferia poida atraer a xente de toda a cidade e incluso de fóra. Unha maneira de favorecer tamén aos negocios locais e de poñer en valor o patrimonio desta parroquia viguesa. De aí o nome do propio evento que fai referencia as trece mámoas datadas entre o 2.500 e 0 5.000 antes de cristo e que se poden visitar nos montes de Candeán.

As entradas para o festival poden adquirirse de forma anticipada por 8,00 € a través de Woutick e desde a organización sinalan que terán unha carpa polo que non hai que temer a chuvia, a festa está garantizada!

Máis

Hora

4 (Sábado) 19:00 - 5 (Domingo) 04:30

Localización

Espazo de Lecer e Festas de Candeán

Cam. Calvario, 27-1, 36317 Vigo, Pontevedra