WELGOOD

'A vida un frenesí'

04nov19:00'A vida un frenesí'ESPECTÁCULOS | Desde 15,00€19:00(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

Novo espectáculo de Barafunda Teatro. Espectáculo de comedia clown para todo os públicos que trata o paso do tempo, desde a infancia ata a vellez, a familia e a actualidade sociopolítica en clave de humor. A peza está protagonizada polos coñecidos pallasos Adolfo “Popín” Maguna Strasser e Manuel “Lolo” Castro Lima, e dirixida por David Alonso, actor, pedagogo e creador escénico. A trama teatral, que interactúa co público, está dividida en sketchs cómicos.
Duración: 70 min

SINOPSE

LOL e POP viven unha vida gris traballando nun almacén. A través dunha viaxe pola súa imaxinación, móstrannos o paso do ser humano pola vida, dende a máis tenra infancia ata o ocaso da vellez. A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción? Poderemos salvarnos? Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir.

Entradas anticipadas a 15,00 €

Máis

Hora

4 novembro, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events