Directos Vibra Mahou trae a Kitai a Molotov Club

04nov21:00Directos Vibra Mahou trae a Kitai a Molotov ClubCONCERTOS | Desde 14,00€21:00

Detalles do eventos

A banda de rock Kitai chega ás salas de Galicia da man de “Directos Vibra Mahou” para facer vibrar ao público coa mellor música. Os madrileños actuarán o 4 de novembro na sala Molotov de Vigo, tras pasar por León no marco deste ciclo de concertos en salas impulsado por Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros únicos ao redor do directo. A banda, que se define como “un estado mental, que nunca pediu permiso, nin vai facer de tripas corazón”, presenta o seu último traballo deixando claro que non son “Tu Puta Banda de Pop”.

Tras tres anos de silencio, o cuarteto formado por Alexander, Fabio Yanes, Edu Venturo e Deivhook volven co que é o seu cuarto álbum de estudo: “No Somos Tu Puta Banda De Pop”, un disco co que dan paso ao son máis cru, máis cañero, máis rock e máis Kitai ata a data. Unha descarnada declaración de intencións destes catro auténticos obreiros do rock no sentido máis monolítico do termo.

Entradas

Máis

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Molotov

Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO