CANS
GALAXIA

Teatro Gorrilla: Karaoke

14out20:00Teatro Gorrilla: KaraokeESPECTÁCULOS | Desde 4,00€20:00(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Este sábado 14 de outubro a Casa de Arriba acolle unha vez máis ao Teatro Gorrilla ás 20h retomando a programación mensual de artes escénicas en espazos non convencionais na zona de Churruca. Inauguran un novo curso coa peza “Karaoke”, da compañía Mutismoa Teatro, protagonizada por Sergio Llauger, un actor nun karaoke enfrentase ao seu maior medo. Ser patético.

Data: sábado 14 de outubro ás 20h
Prezo: taquilla inversa (mínimo recomendado de 4€)
Lugar: A Casa de Arriba, Rúa Martín Códax, 23, Vigo

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza. Este proxecto comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 4€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events