CANS
GALAXIA

Romaría do Merlo

04mai12:3023:00Romaría do MerloFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 16,00€12:30 - 23:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

O sábado 4 de Maio, terá lugar a Romería do Merlo na Sala Rebullón de Mos. Un evento cheo de música tradicional e folk. Coma nas romerías tradicionais haberá xantar popular, viño e moita, pero que moita música. Dende a mañá contaremos na sesión vermú con Carmela, un dos proxectos con máis proxección de futuro na actualidade da música experimental e tradicional, e Arredores, un grupo folk de A Coruña que nos van encher de enerxía co seu bo facer. Despois do xantar popular con empanada e churrasco, temos tamén opción vegana, e contaremos con Miguel Fraile, unha promesa da guitarra que servirá para abrir a foliada infantil coa que desfrutaremos a tarde. Xa para rematar, ao serán teremos a Sindicato do Folclore, un trío que fluctúa entre as linguaxes do jazz e do tradicional, e a Cantometrics, o quinteto de moda da música tradicional. O evento está organizado por Nume Producións, a produtora adicada á música tradicional que con menos dun ano de vida, xa comeza a encher os espazos de música con calidade e corazón.

Xantar + vermú 18€
Concertos 16€
Entrada completa 30€

12:30 – 23:00

Entradas

Máis

Hora

(Sábado) 12:30 - 23:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events