VIALIA
PLAYDOC

Dez plans para comezar o outono

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 28 de setembro ao 1 de outubro. Aínda quedan festexos ao aire libre, ao tempo que a volta á rutina chega ás salas de música e teatro que comezan a activar a súa programación. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Paulo Pascual | P. Vázquez

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL – Ata o sábado na Plaza Elíptica – Prezos varios

O GFFF é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que adoitan verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas mundiais, internacionais e nacionais. A maiores ofertas unha variedade de actividades paralelas como charlas, presentacións e subastas.

2º ANIVERSARIO VIALIA – Venres e sábado no CC Vialia – De balde

Wöyza & The Galician Messengers, Monoulious Dop e Cómplices actúan esta fin de semana no Centro Comercial Vialia dentro dos festexos do seu segundo aniversario. A festa tamén inclúe DJ, actuacións infantís e animación para familias durante o venres 29 pola tarde e o sábado 30 todo o día.

1º ANIVERSARIO LA CONTENEDORA – Venres desde as 17:00 en La Contenedora – De balde

O venres 29 de setembro celebran o aniversario de La Contenedora. Estará tocando Velpister, inaugurarase a expo de Sara Priego, ademais de obradoiros para os máis cativos e pintacaras. A guinda será un bingo con premios.

MERCADO MEDIEVAL DE LAVADORES – De venres a domingo no parque de Barreiro – De balde

Mercado medieval no que haberá postos de comida e artesanía, atraccións infantís, animaciónes medievais como xogos para nenos e adultos, pandereteiras, gaitas, malabares, zancudos, grupos de baile

JARED JAMES NICHOLS – Venres ás 22:00 na Sala Rouge – Desde 20,00€

O guitarrista e cantante Jared James estará en Vigo da man de Momentos Alhambra – Mais que Blues presentando o seu terceiro disco e pechando a súa xira española, que o trae a Galicia tras 8 anos sen pisar os nosos escenarios. Blues eléctrico da mellor calidade para comezar a fin de semana.

CHARLA E CONCERTO DE PAULO PASCUAL – Sábado ás 12:15 en Maraca – Caixa inversa

O músico vigués Paulo Pascual, de Modulador de Ondas, falará un pouquiño sobre o theremin, e dará tamén un concerto con este “instrumentos intanxible”. O Theremin é un instrumento electrónico intanxible que cumpriu 100 anos en 2020, un ano no que tampouco nos podiamos tocar. Hai poucos intérpretes deste instrumento no mundo.

ANTÓN, UN NENO DIFERENTE – Sábado ás 19:00 no Centro Cívico de Teis – 10,00€

Espectáculo multidisciplinar creado pola compañía viguesa de teatro e animación Barafunda e Luar Teatro, dirixido a público infantil. Combina diversas técnicas de monicreques (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) con recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia.

SÍBARIS, DE DOMINGO VILLAR – Sábado ás 20:30 e domingo ás 18:00 no Teatro Afundación – Desde 10,00€

Síbaris é o derradeiro texto de Domingo Villar, unha comedia teatral interpretada por Carlos Blanco, Oswaldo Digón e Pablo Novoa, entre outros. Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

FESTA BACK TO SCHOOL – Sábado ás 21:00 en La Fábrica de Chocolate – 6,00€

REVISTA ABRIL

Festa organizada pola escola de baile Swing On opara celebrar o inicio de curso coa mellor música. Actuación do coro swing dirixido por Rubén Fernández e as Excel Sisters DJs (Andrea Abreu, Cintia Ramirez e María Prieto-Puga).

MÍMESIS – Domingo ás 17:00 18:30 na Sala Ártika – Desde 8,00€

No mes de setembro a Sala Ártika retoma a programación co XXI Circuíto de la Red de Teatros Alternativos. Unha rapaza que vive nun vello hostal recibe a visita inesperada dun entrañable viaxeiro. As portas e fiestras do seu corazón abriranse coma nunca antes. Un encontro especial que levará á protagonista ata un novo camiño inesperado.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.