VIALIA
PLAYDOC

Dez plans para despedir o verán en Vigo

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 21 ao 24 de setembro. Aínda quedan noites de verán e festexos ao aire libre, ao tempo que a volta á rutina chega ás salas de música e teatro que comezan a activar a súa programación. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

A cantautora viguesa Sanny durante un concerto en La Fábrica de Chocolate | A. Balea

SEASON FEST – De xoves a domingo en Gondomar (Desde 22,00€)

Xoel López, Iván Ferreiro, Triángulo de Amor Bizarro, Punsetes, Capicúa, Querido, Pablo Novoa & Friends e máis dunha ducia de grupos emerxentes do panorama indie nacional protagonizan o cartel do Season Fest que se celebra do 21 ao 24 de setembro en Gondomar. (Recorda que co código AMOVIDA, tes ata 5,00 € de desconto na entrada ao festival)

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL + PEQUEFREAK – Venres, sábado e a partir do mércores que vén na Plaza Elíptica e Auditorio do Concello

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que adoitan verse privadas das canles habituais de distribución. Arranca este venres coa proxección de Videodrome no Auditorio do Concello e prosigue o sábado co Pequefreak, dedicado aos máis pequenos, no mesmo espazo. O mércores que vén comeza na Plaza Elíptica a programación do festival, con decenas de curtas e actividades.

TERRACEO: BOYANKA KOSTOVA E HARD GZ – Venres e sábado en Mondo Club e Mar de Vigo (Desde 12,00€)

Dous referentes da música urbana galega chegan esta fin de semana a Vigo da man do festival TerraCeo. O venres é a quenda do dúo de trap Boyanka Kostova, que actuarán na sala Mondo Club, e o sábado tócalle a Hard GZ, con todas as entradas vendidas.

FAEMINO Y CANSADO – Venres ás 21:00 no Teatro Afundación (Desde 12,00€)

Un dos dúos cómicos máis famosos de España volve á nosa cidade co show 17 veces reload, que ven sendo un espectáculo refeito, revisado, evolucionado e novamente montado.

GALICIA ILUSIONA: El baúl del mago – Sábado de 11:00 a 20:00 en Vialia (De balde)

Unha das actividades paralelas do festival de maxia Galicia Ilusiona chega este sábado a Vialia con El Baúl del Mago, unha caravana itinerante onde presenciar de cerca incribles trucos. Estará de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00.

CANDLELIGHT: TRIBUTO A COLDPLAY – Sábado ás 20:00 e 22:00 no Hotel Pazo Los Escudos (Desde 17,00€)

Candlelight son unha serie de concertos íntimos de música clásica iluminados porla luz de centos de candeas. Neste en concreto un cuarteto de corda (Shi Quartet) interpretará durante unha hora os temas máis coñecidos da banda británica Coldplay.

JUICY BAE – Sábado ás 21:00 en Moloto Club (Desde 15,00€)

A sevillana navega entre o trap, o flamenco, o reggaeton ou o r&b con tanta soltura como carisma. Con tres álbums, tres EPs e éxitos como ‘Malas lenguas’ ou ‘Pikete’ ás súas costas, a nova artista ten talento e temazos dabondo para que os seus concertos sexan todo un acontecemento. Concerto organizado por Vibra Mahou.

SANNY – Sábado ás 21:30 na Casa de Arriba (Desde 8,00€)

Segundo concerto coa banda ao completo en Vigo. Sandra Gómez, o nome que se agocha tras Sanny, mantén viva a chama do folk combativo e intimista. Cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e con outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten, desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo desde o 2012 entre Vigo e Santiago.

INVASIÓN CELESTE – Domingo ás 9:00 en Balaídos (Desde 10,00€)

REVISTA ABRIL

A carreira popular celebrarase de novo tras catro anos parada. O importe recadado destinarase integramente á asociación Bicos de papel. A competición iniciarase e terminará no propio estadio de Balaídos, cuxo contorna se converterá nunha festa con música e actividades para os máis novos.

BIANCO Domingo ás 12:00 e ás 18:00 h na Sala Ártika (Desde 8,00€)

No mes de setembro a Sala Ártika retoma a programaciónco XXI Circuíto de la Red de Teatros alternativos. Unha rapaza que vive nun vello hostal recibe a visita inesperada dun entrañable viaxeiro. As portas e fiestras do seu corazón abriranse coma nunca antes. Un encontro especial que levará á protagonista ata un novo camiño inesperado.