REVISTA ABRIL

Sanny

23set21:30SannyCONCERTOS | Desde 8,00€21:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Sanny actúa acompañada da súa banda (Denis Carballas, Bruno Costas e Anxo Paz) o sábado 23 na Casa de Arriba.

Sandra Gómez, o nome que se agocha tras Sanny, mantén viva a chama do folk combativo e intimista. Cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e con outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten, desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo desde o 2012 entre Vigo e Santiago.

En Preston (Reino Unido), ademais de estudar elementos relacionados coa música e sociedade dos Estados Unidos, percorreu cada semana os micros abertos dos locais da cidade (The Ferret foi o máis habitual). Será á volta cando grave o seu primeiro traballo discográfico, Loners Downtown (2019), un EP de cinco temas que bailan entre o folk e o indieNos últimos meses publicou dous novos temas, ’25’ e ‘Bird in a Cage’, esta vez acompañada por unha banda de músicos locais.

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events