Galician Freaky Film Festival
Detalles do eventos
O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección nacional e internacional de
Detalles do eventos
O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que adoitan verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas mundiais, internacionais e nacionais.
O GFFF ten todos os ingredientes para convertir a Vigo na cidade de peregrinación freak, onde o seu exército poderá volver a gozar do festival, unha experiencia que vai alén do cinematográfico para converterse nunha experiencia de comunidade.
A sétima edición celebrarase os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de setembro en Vigo
Curtas
O festival internacional de cinema freak e fantástico de Vigo vén de publicar a Selección Oficial de curtametraxes que formarán parte da súa sétima edición e que se proxectarán entre o 27 e o 30 de setembro nos Cines Tamberlick da Plaza Elíptica. Curtas que alimentan o maxín, coas que arrepiar e coas que berrar á pantalla “que carallo é isto?”. O obxectivo do Galician Freaky Film Festival continúa a ser provocar nos espectadores de todo menos indiferencia.
O programa completo está dispoñible na web do certame e inclúe 45 curtametraxes de 23 países diferentes divididas en oito bloques segundo a temática: “Alimento para o maxín”, “Arrepío”, “Ciencia ficción”, Co cu torcido”, “Humor freak” e “Que carallo é isto”.
As curtas foron seleccionadas entre os traballos inscritos na convocatoria e unha exhaustiva procura polos festivais e produtoras de xénero máis relevantes do mundo, polo que o resultado é unha escolma do mellor do cinema freak e fantástico estreado dentro e fóra de Europa durante o último ano, na que 32 dos traballos non foron nunca antes proxectados en Galicia e 12 son tamén estreas en España. Unha proba máis da singularidade da mostra que poderemos ver a próxima semana na Praza Elíptica.
Pequefreak
O sábado 23 de setembro os pequenos da cidade teñen unha cita co cinema freak e fantástico na terceira edición do Pequefreak, a xornada de cultura freak infantil do GFFF. Boo!, a mascota do festival, estará desde primeira hora na porta do Auditorio do Concello dando a benvida aos nenos de entre 5 e 12 anos que se acheguen a desfrutar de proxeccións e obradoiros pensados para inculcar neles a paixón polo sétimo arte.
A proxección de O meu vecño Totoro é un dos pratos fortes do programa. O filme de Hayao Miyazaki, referente da cultura xaponesa a nivel mundial, mergúllanos nunha abraiante aventura chea de tenrura, fantasía e amor pola natureza sen importar a idade do espectador. Totoro leva encandilando a varias xeracións desde 1988 e o Pequefreak brindará a oportunidade de que desfruten xuntas desta xoia audiovisual, en pantalla grande.
A sección oficial deste ano conta con 7 curtametraxes chegadas de países como Francia, Chequia ou Reino Unido, na que non faltarán familias, animais e monstros vivindo aventuras disparatadas en escenarios distópicos. Como cada ano, o público votará cos seus aplausos á súa curtametraxe favorita, que recibirá o galardón ‘Olimpo dos Pequefreaks’.
A terceira sesión de proxeccións será Terror Kids. Un bloque feito a partir das mellores curtametraxes que pasaron nos últimos anos polo Festival de Cine de Terror de Molins de Rei, máis coñecido como Terror Molins, un dos certames de xénero máis antigos da península.
Máis
Hora
22 setembro, 2023 19:30(GMT+01:00)
Localización
Plaza Elíptica
Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes