VIALIA
PLAYDOC

Dez plans para a fin de semana en Vigo

Decálogo de plans en Vigo, entre o venres 7 e o domingo 9 de xullo, para todos os gustos. Preme no título de cada evento para obter máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Vigo Sax Forum – Xoves e venres no CVC Valadares – De balde

Festival de Saxofón no que actúan especialistas deste instrumento como Roberto Pachecho, Nicolas Arsenijevic, Pablo Escariche, Irene Fernández e Judith Montero.

A calma nun instante – Venres ás 20:30 en A Morada – Caixa inversa

Experiencia audiovisual creada por Ana Shiyu, Rubén Fernández, Fausto Camaño e Nair Romero que mestura fotografía e música. Elixiron varias tomas que transmitisen a beleza e a potencia natural e salvaxe das Illas Cíes, empregando para o caso técnicas vencelladas á longa exposición.

Curiosidades Solita: Filloas – Venres ás 21:00 en Villa Solita – De balde

Proxecto fundado en 2021 por Iago Galego Ferreiro (O Filloas), un artista de pop-punk-urbano con electrónica de Coruxo, que ven de lanzar o seu segundo álbum de estudo: ‘o segundo disco xd’, que tivo unha excelente acollida entre o seu público e a prensa aparecendo en radioxornais e televisión. Este concerto forma parte do ciclo Curiosidades Solita, unha serie de concertos gratuítos nesta casa indiana restaurada situada en Alcabre.

Festa da Cultura – Venres e sábado na Porta do Sol – De balde

Chega a cita anual da Festa da Cultura na Porta do Sol. Nesta ocasión cambia as súas datas habituais -a comezos de setembro- polo comezo do periodo estival. Será nos días 7 e 8 de xullo cando os vigueses poderán desfrutar, despois de varios anos na Praza de Compostela, da música baixo o Sereo. Na súa programación, deseñada para chegar a tódolos públicos, poderemos atopar ata 26 actuacións

Festas de San Cristovo de Candeán – De venres a domingo en Candeán – De balde

Festas parroquiais de Candeán, que veñen cargadas de actividades (xadrez, debuxo, animación infantil) e música en directo cos concertos de Grupo América, Antonio Barros, Orquestra Metrópolis, Trío Tic Tac, Banda de Música UVC Candeán, Orquestra Alianza e Trío Nostalxia.

Xornadas cinema mudo e música con Caspervek – De xoves a sábado na Fundación Sales – Desde 11,00€

O cinema mudo de verán de Caspervek é un habitual na programación do xardín situado na Avenida de Europa e nesta ocasión, o público poderá gozar de tres días de proxeccións, música e actividades paralelas. Antes de cada película expertos en cine e música comentarán as claves máis importantes dos filmes.

Kokoro Japan Expo – Sábado e domingo no IFEVI – Desde 9,00€

Os fans do manga, o anime, os videoxogos e o cosplay teñen unha cita ineludible. Na feira terán lugar unha ampla variedade de actividades relacionadas coa cultura pop xaponesa, desde exposicións, diferentes talleres, ata torneos de videoxogos e concursos de cosplay. O recinto ferial tamén acolle unha zona retro, na que podemos rememorar os clásicos xogos da infancia, e unha zona gamer. 

Concerto de Julieta Venegas – Sábado ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – Entradas esgotada

Julieta Venegas é unha das máis grandes expoñentes da música pop de fala hispana. Compositora, cantante e música mexicana, consagrouse como unha referente latina a nivel mundial. A súa gran versatilidade e talento levárona a presentarse nos principais escenarios e festivais do mundo, obtendo o recoñecemento de Disco de Ouro e Platino en países como México, USA, Italia, Arxentina, Brasil e España.

Concerto de Andrés Calamaro – Sábado ás 22:00 no auditorio de Castrelos – De balde

O arxentino contraprograma á mexicana-estadounidense dentro do programa de Vigo en Festas no que é o primeiro concerto de Castrelos esta tempada. Polémico e referencial, Calamaro é un dos compositores máis brillantes e prolíficos da música iberoamericana. Míticos son os seus discos El salmónAlta suciedadHonestidad brutal o El Cantante, ademais de notables traballos máis recentes como Cargar la suerte ou Bohemio. Sen esquecernos, claro, da súa traxectoria con Los Rodríguez e Los Abuelos de la Nada.

REVISTA ABRIL

Carreira solidaria + Xuntos – Domingo ás 11:00 no CC Gran Vía – 8,00€

O Centro Comercial Gran Vía será a saída e a meta da II Edición da Carreira Solidaria +Xuntos contra a Violencia de Xénero organizada pola Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo que terá lugar o vindeiro domingo 9 de xullo coa finalidade de sensibilizar e visibilizar esta lacra. O percorrido da proba é de 5 quilómetros urbanos aproximadamente.

CONSULTA A AXENDA MÁIS COMPLETA DA CIDADE