CANS
XERAIS

Festas de San Cristovo en Candeán

07xul(xul 7)22:00Festas de San Cristovo en CandeánAS NOSAS FESTAS | De balde22:00(GMT+02:00) Candeán

Detalles do eventos

Volven as festas de San Cristovo á parroquia de Candeán entre o 7 e o 9 de xullo. Esntre as actividades atopamos un torneo de xadrez, un concurso de coches e tractores enfeitados e actividades para nenos, ademais de actuacións de bandas e orquestras. Durante os tres días haberá postos de comida e o bar da comisión.

Programación:

Venres, 7 de xullo
22:00 h – Pregón a cargo de Lucia Álvarez
22:30h – Actuacións de Grupo América de Vigo e Antonio Barros

Sábado, 8 de xullo
12h – Actividades lúdicas: Día da bicicleta para nenos desde 3 anos en diante . Lugar Saída: Atrio da igrexa
18h – Torneo de xadrez (Terreo da Xunqueira) para nenos e adultos con clases impartidas polo árbitro internacional de xadrez, Jorge Álvarez Fariña.
20h – Homenaxe aos socios de maior e menor idade.
– Entrega de trofeos aos participantes non concurso de debuxo.
22h – Actuación da Orquestra Metropolis e Trio Tic Tac

Domingo, 9 de xullo
10h – Romaría
12h – Misa solemne (Terreo da Xunqueira).
Procesión en carroza co Santo San Cristóbal, bendición de coches ao longo do percorrido. As persoas que desexen participar no concurso de coches, tractores, camións etc. engalanados poden inscribirse ata as 13h no Terreo da Xunqueira. Un xurado profesional alleo aá parroqui dictará veredicto.
– Actuación banda de música U.V.C. de Candeán
Entrega de trofeos aos vehículos mellor adornados.
Poxas
18h – Animación infantil a cargo de Fitciones.
22h – Actuacións da Orquestra Alianza e Trío Nostalxias.

Máis

Hora

7 (Venres) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Candeán

Candeán, Vigo, Pontevedra

Other Events