CANS
XERAIS

Carreira solidaria +Xuntos, contra a violencia de xénero

09xul11:00Carreira solidaria +Xuntos, contra a violencia de xéneroACTIVIDADES DEPORTIVAS | 8,00 €11:00(GMT+02:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

O Centro Comercial Gran Vía será a saída e a meta da II Edición da Carreira Solidaria +Xuntos contra a Violencia de Xénero organizada pola Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo que terá lugar o vindeiro domingo 9 de xullo coa finalidade de sensibilizar e visibilizar esta lacra.
O percorrido da proba é de 5 quilómetros urbanos aproximadamente. A saída efectuarase ás 11:00 h da cuberta axardinada do centro comercial, onde se sitúa o seu aparcadoiro exterior, lugar que tamén será a meta. As inscricións en liña xa están abertas. As persoas interesadas poden reservar a súa praza ata o 28 de xuño. Tamén se habilitará a caseta solidaria do Centro Comercial Gran Vía de Vigo para realizar inscricións de forma presencial os días 29 e 30 de xuño de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h e o 1 de xullo de 11:00 h a 14:00 h.

O custo de inscrición é de 8,00 € adulto, 5,00 € infantil e 1,00 € bebés. A persoa rexistrada decidirá a modalidade da súa participación que pode ser carreira, andaina ou marcha nórdica. Ademais, tamén, haberá un dorsal 0 para que as persoas interesadas poidan participar comprando o dorsal. As persoas rexistradas na II Edición da Carreira Solidaria +Xuntos Contra a Violencia de Xénero poderán recoller o seu dorsal e camiseta o 7 de xullo de 17:00 h a 21:00 h ou 8 de xullo de 10:00 h a 21:00 h na caseta solidaria do Centro Comercial Gran Vía. Ademais, todas as semanas realízaranse sorteos especiais entre todas as persoas rexistradas.

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+02:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events