
Detalles do eventos
A música en castelán está a ser a protagonista das primeiras confirmacións de Castrelos para este verán: tran os anuncios de Pablo López e David Bisbal chega o
Andrés Calamaro, terceira confirmación de Castrelos
A música en castelán está a ser a protagonista das primeiras confirmacións de Castrelos para este verán: tran os anuncios de Pablo López e David Bisbal chega o arxentino Andrés Calamaro. Polémico e referencial, Calamaro é un dos compositores máis brillantes e prolíficos da música iberoamericana. Míticos son os seus discos El salmón, Alta suciedad, Honestidad brutal o El Cantante, ademais de notables traballos máis recentes como Cargar la suerte o Bohemio. Sen esquecernos, claro, da súa traxectoria con Los Rodríguez e Los Abuelos de la Nada.
O músico arxentino actuará no auditorio vigués na noite do sábado 8 de xullo, contraprogramando o concerto de Julieta Venegas no TerraCeo.
CONCERTOS CASTRELOS
- 8 xullo: Andrés Calamaro
- 15 xullo: David Bisbal
- 24 xullo: Pablo López
Máis

(Sábado) 22:00