CANS
XERAIS

Xornadas de Cine Mudo e Música: Caspervek

07xul22:30Xornadas de Cine Mudo e Música: CaspervekCONCERTOS | Desde 11,00€22:30(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Caspervek, banda viguesa dedicada á musicalización en directo de cinema mudo celebrará o próximo mes de xullo as Primeiras Xornadas de Cinema Mudo e Música de Vigo no xardín botánico da Fundación Sales.

O cinema mudo de verán de Caspervek foi un habitual na programación do xardín situado na Avenida de Europa e nesta ocasión, o público poderá gozar de tres días de proxeccións, música e actividades paralelas. Antes de cada película expertos en cine e música comentarán as claves máis importantes dos filmes.

O 6 de xullo ás 22:00 as xornadas arrincarán cun clásico do cinema soviético: “O Acoirazado Potemkin” de Sergei Eisenstein, considerada unha das mellores películas da Historia do Cinema e que contén a icónica escena das Escaleiras de Odessa.

O día 7 ás 22:30 será a quenda para a velada máis experimental, titulada “Noite de Curtas”, que nos traerá unha selección de curtametraxes das orixes do cinema nos que se citarán o surrealista Man Ray, o ilustrador alemán Walter Ruttman, o aragonés Segundo de Chomón ou o pai do cinema fantástico, Georges Méliès. Todo iso celebrado nun formato de microconciertos e microespacios ao longo da Fundación Saes.

O último día do festival (8 de xullo ás 21:00) acollerá un especial Buster Keaton coa proxección de dúas das súas películas máis coñecidas: “O moderno Sherlock Holmes” e “O heroe do Río”; toda unha homenaxe a un dos grandes xenios da comedia do século XX.

Ademais dos cinema-concertos, o programa complétase con exposicións, roteiros interactivos, conferencias e charlas previas antes de cada proxección, na que diversos expertos contextualizan as películas. Incluso os asistentes poderán participar nunha escape room de temática cinematográfica polos xardíns da Fundación.

Entradas

Máis

Hora

(Venres) 22:30(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events