De volta
Respirar e sentir a liberdade dos plans ao aire libre resulta neste momento máis necesario que nunca. As complicacións para viaxar leváronnos a sentir o noso, a redescubrir Galicia. Nisto xa repararon Cristina Collazo e Pablo Conde alá polo ano 2015, cando decidiron poñer en marcha un proxecto común coa idea de deseñar roteiros e excursións polo país. Así naceu Volta Montana, unha empresa de turismo activo na que o mimo con que deseñan as propostas e o valor diferencial son os ingredientes secretos do éxito que levan cultivando desde que botaron a andar, en febreiro de 2017. Desde entón, a clientela que se achegou ata aquí foi forxando amizades. Xente que aposta por un turismo vivencial, de experiencias, en permanente conexión coa natureza, e que atopou en Cristina e Pablo moito máis do que imaxinaban. Ambos son guías oficiais de Galicia e de media montaña, e a súa empresa conta con todas as licenzas, certificacións e seguros necesarios para que as actividades poidan desenvolverse sen máis preocupación que a de gozar.
Trátase de rutas e excursións en grupos reducidos, propostas orixinais, diferentes ás habituais; aquí apóstase por descubrir as vilas máis pequenas, por mostrar a cara máis descoñecida da xeografía galega con diversos roteiros de sendeirismo e en bicicleta, por redescubrir as Illas Atlánticas cada verán… A cabeza destes emprendedores non descansa nunca, e desde o inesquecible ano 2020 convertéronse tamén en axencia de viaxes e estenderon as propostas a boa parte da Península. Un dos máis exitosos é a ruta Traslatio, un vieiro oficial do Camiño de Santiago que conmemora o paso dos restos do Apóstolo ata o sepulcro; iníciase en barco no concello de Carril, continúa subindo polo río Ulla, e termina cunha etapa de sendeirismo ata Compostela. Volta Montana vai moito máis alá do verán; con experiencias para todo o ano. Cristina e Pablo propoñen para os próximos meses unha aventura no arquipélago dos Azores, roteiros de inverno de montaña que contan coa posibilidade de aloxarse nunha furgoneta cámper, rutas con raquetas de neve e para decembro ofrecen mesmo unha escapada a Costa Rica.
Contacto a través do enderezo electrónico reservas@voltamontana.com ou chamando ao teléfono 690 61 47 49
Web: voltamontana.com /FB: @voltamontanasenderismo/ IG: @voltamontana