Dafne Míguez: “María Pita tiña moi claro o que era seu, o que quería e o que lle pertencía”
O proxecto Cruña Invicta foi un dos gañadores do certame Xuventude Crea 2020 na sección de Creación de videoxogos. O traballo, desarrollado por catro estudantes do grao de Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña, recrea a batalla de 1589 en A Coruña, centrándose no icono de María Pita. Hoxe falamos coa viguesa Dafne Míguez, unha das responsables do videoxogo.
O segundo premio do certame Xuventude Crea 2020 organizado pola Xunta de Galicia axudou as creadoras a expandir o proxecto e a historia por toda Galicia. “Antes o círculo de persoas ás que podía chegar era máis reducido, pero o premio puxo o foco no proxecto. Persoas alleas á contorna interesáronse polo videoxogo”, asegura Dafne Míguez. Con catorce modalidades en total para participar, Xuventude Crea inaugurou a sección de videoxogos no propio 2020, abrindo unha ventá para novos creadores como é o caso de Cruña Invicta ou Odal (primeiro premio) e Fofo e a pesca de lixo (terceiro premio).
Cunha sociedade que vai medrando pouco a pouco e eliminando partes do prexuízos dispostos desde hai anos, a graduada en comunicación audiovisual e dirección de arte e deseño afirma que os tempos e a idea do videoxogo están a cambiar “Non só está cambiando a imaxe que a xente ten dos videoxogos e das persoas que xogan, senón que ademais tanto os videoxogos como os xogadores son máis diversos, desde a xente que xoga ao CandyCrash no móbil ata a xente que non é un xogador activo pero que se mete neste mundo.”
O venres 20 de agosto remata o prazo para inscribirse nunha das especialidades do certame (artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro, videocreación), que impulsa o talento emerxente galego e condece premios entre os tres primeiros gañadores valoradores en 3.000€, 1.500€ e 1.000€
Sabela Álvarez
Últimos posts de Sabela Álvarez (ver todos)
- A Fonsagrada chega ao festival de Cans coa curta ‘O que queda de nós’ - 31 Agosto, 2021
- Plans á Redonda: o espazo de Tía Estébana - 30 Agosto, 2021
- Chicho (Boyanka Kostova): “A música non é máis que sons que andan por aí ciscados.” - 25 Agosto, 2021
- Dafne Míguez: “María Pita tiña moi claro o que era seu, o que quería e o que lle pertencía” - 19 Agosto, 2021
- Cimafunk: “Gran parte do que fago provén da miña crianza, das raíces e os ritmos cubanos” - 5 Agosto, 2021