REVISTA ABRIL

Os mozos galegos xa poden enviar as súas obras ao certame Xuventude Crea 2021

A Consellería de Política Social abre o prazo para participar no Programa Xuventude Crea 2021, co obxetivo de fomentar o talento emerxente galego a través de máis de dez especialidades diferentes. Os mozos e mozas galegos entre 16 e 30 anos poden presentar as súas creacións ata o 20 de agosto.

Cartel Edición Xuventude Crea 2021

O programa Xuventude Crea abre as súas portas á xuventude galega para visualizar e impulsar o seu traballo máis artístico e a orixinalidade dos seus proxectos. O certame inclúe actividades especializadas en Artes plásticas (pintura e escultura), Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro e Videocreación. Os mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia non profesionais con idades entre os 16 e 30 anos poden enviar as súas obras a concurso. A participación debe ser sempre a título individual, salvo nos casos de teatro, música, graffiti, danza moderna, creación de videoxogos e cociña que poden ser grupais. Os gañadores do primeiro premio na edición do 2020 non poden presentarse na mesma especialidade outra vez.

A convocatoria conta cun orzamento de 93.100€ a repartir entre os creadores e cinco premios por categoría: 1º premio (3.000€), 2º premio (1.500€), 3º premio (1.000€) e a Mención de honra, sen dotación económica. Como novidade, esta edición introduce nas súas bases 75€ para as personas finalistas no deseño de xoias.

REVISTA ABRIL

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o venres 20 de agosto de 2021e a tramitación levarase a cabo preferentemente por vía electrónica a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, co código do procedemento
BS310Q.

Na pasada edición houbo gran presenza de rapaces e rapazas vigueses entre os gañadores e finalistas destes premios. Un total de 11 rapaces e rapazas sitúaronse no top 3 das diferentes categorías.

Máis información na páxina web do certame, xuventudecrea.cps@xunta.gal ou os teléfonos 981 541 689 / 981 545 702.