Contos e Lendas sobre o Magosto e Samaín durante todo o mes
Ao longo do mes de novembro Miguel Ángel Diz, Raquel Queizás, Mailúa e Contofadas serán os encargados de achegar ás crianzas os contos e lendas que xiran entorno ao Magosto e ao Samaín.
A Concellería de Normalización Lingüística propón unha serie de actividades para este mes de novembro nas que os protagonistas serán o Samaín e o Magosto, as dúas festividades máis populares do outono. Estas historias recorrerán diferentes lugares da cidade como Teis, Travesas, Calvario, Navia, A Laxe ou o Verbum.
Raquel Queizás traerá dous espectáculos diferentes: O Magosto con Nano e O medo hai que entretelo. Ambos serán con monicreques, mais o primeiro está dirixido para un público entre 1 e 3 anos e o segundo a partir dos 3 anos. Cos Contos para non ter medo, da voz de Miguel Anxo Diz, enfrontarémonos ao medo á escuridade, o medo a ignorancia, o medo á soidade, o medo a ser un mesmo… e demostraremos como con xogos e sorrisos podemos iluminar un novo mundo.
Pola súa banda, Mailúa achegaranos a estas datas para coñecer como se celebran, cales son os elementos propios (castañas, orizos, fiuncho…), historias e lendas ao redor delas… Haberá un obradoiro para pintar, recortar, crear.. e coñecer o léxico en galego e unha contada que nos achega a estas datas. Por último, Contofadas cos seus Contos de Outono ou Samagostín, nos achegará contos e historias para coñecer un pouco máis estas datas que se celebran dende sempre en Galicia.
A continuación poderás consultar todos os eventos que terán lugar este mes: