REVISTA ABRIL

Mar de Ons amplía o servizo a Cíes durante todo o mes de outubro

Se este verán quedaches sen ir ás Cíes estás de sorte pois as viaxes amplíanse todo o mes de outubro. Unha opción moi adecuada tamén para aqueles que prefiren visitar as illas sen aglomeracións. A Naviera tamén manterá os sábados de outubro a conexión con San Simón.

REVISTA ABRIL

Debido ao bo tempo a Naviera Mar de Ons decide ampliar as viaxes a Cíes durante todo o mes de outubro e tamén o servizo a Illa de San Simón os sábados deste mes. Desta maneira, mantén o servizo de barco entre as Cíes, Cangas e Vigo as fins de semana así como o venres 12 de outubro (festivo).

Os barcos sairán da Estación Marítima de Vigo ás: 10:45, 12:30, 15:30 e 17:45 e regresarán ás 13:30, 17:00 e 19:15. Ademais a naviera continúa coa promoción familias e os nenos viaxan gratis. Durante esta primeira semana do mes, pon a disposición dos usuarios un servizo de viaxe máis ruta guiada pola illa de luns a venres.

Por último, Mar de Ons tamén ofrecerá a conexión coa Illa de San Simón todos os sábados de outubro e o venres día 12. A visita contará cun aforo de 185 persoas e unha duración de 3 horas. Os sábados 6 e 13 e o venres 12 á saída será ás 16:45 dende Vigo e o regreso ás 19:00 horas. Mentres que os sábados 20 e 27 de outubro o barco sairá ás 10:15 do porto de Vigo e volverá ás 13:30.