VIALIA
bannerPicnicSesions

A Concellería de Igualdade organiza numerosas actividades durante todo o mes

Durante todo o mes de marzo hai na cidade numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres: proxección de filmes, poesía, roteiros, contacontos, concertos…

A Concellería de Igualdade ten preparado un mes de marzo cheo de actividades que xiran arredor ás mulleres e ao feminismo, todas de balde. Estas comezarán o xoves 7 co pleno específico do Consello Municipal da Muller ás 10:00 no Salón de Plenos do Concello. O mismo día pola tarde será a proxección de El Orden Divino, filme que narra a historia, moi recente, das mulleres suizas na súa loita por acadar o voto, o sufraxio femenino. Obra que foi candidata ao Óscar á mellor película de fala non inglesa.

Tras a Folga Feminista do 8M, o sábado 9 ás 22:00 será a entrega do VII Premio de Igualdade ‘Ernestina Otero’ a Mª Xosé Queizán, a nosa viguesa do mes da revista de marzo. Este será o único evento que precisa invitación, o resto serán con entrada libre e de balde.

A primeira proxección será o martes 12 co filme Contraaluz de Teo Manuel Abad, que trata sobre unha iniciativa na que mulleres vítimas de maltrato adestran boxeo para aprender técnicas de autodefensa e mellorar a súa autoestima. Será ás 20:00 no salón de actos do Museo MARCO.

REVISTA ABRIL

O mércores 13 haberá un recital aberto de poesía sobre xénero e igualdade coa escritora viguesa Iolanda Zúñiga. Será na Casa Galega da Cultura ás 19:00. Ao día seguinte haberá na Praza 8 de marzo unha serie de contacontos de igualdade para nenos e nenas a cargo de Paula Carballeira.

En canto a música, o grupo de música popular Habelas Hainas ofrecerá un concerto no Museo MARCO o venres 15 ás 20:30. O sábado 16 terá lugar o roteiro feminino ‘Sons de mulleres’ a cargo de María Casar. Percorre quince puntos, algúns deles espazos emblemáticos da cidade nos que pervive a memoria dos traballos das mulleres, ocupadas tanto facendo a colada nos lavadoiros públicos como trenzando cestas de vimbio, vendendo peixe na ribeira ou excedentes agrícolas nas prazas do centro histórico. O punto de encontro será no Paseo de Alfonso ás 11:00.

Por último, o MARCO albergará ás 20:00 a proxección das curtas Consello Municipal da Muller de Vigo. 25 anos facendo camiño, de Xisela Franco; Benvidas ao club, de Carmen PG Granxeiro; e Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez.

(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello


(GMT+01:00) Museo Marco


(GMT+01:00) Casa Galega da Cultura


(GMT+01:00) Praza 8 de Marzo


(GMT+01:00) Museo Marco


(GMT+01:00) Olivo de Paseo Alfonso XII


(GMT+01:00) Museo Marco