bannerVIALIA

Contos e Lendas sobre o Magosto e Samaín durante todo o mes

Ao longo do mes de novembro Miguel Ángel Diz, Raquel Queizás, Mailúa e Contofadas serán os encargados de achegar ás crianzas os contos e lendas que xiran entorno ao Magosto e ao Samaín.

Raquel Queizás nunha actuación sobre o Samaín | R. Queizás

A Concellería de Normalización Lingüística propón unha serie de actividades para este mes de novembro nas que os protagonistas serán o Samaín e o Magosto, as dúas festividades máis populares do outono.  Estas historias recorrerán diferentes lugares da cidade como Teis, Travesas, Calvario, Navia, A Laxe ou o Verbum.

RevistaXuño23

Raquel Queizás traerá dous espectáculos diferentes: O Magosto con Nano e O medo hai que entretelo. Ambos serán con monicreques, mais o primeiro está dirixido para un público entre 1 e 3 anos e o segundo a partir dos 3 anos. Cos Contos para non ter medo, da voz de Miguel Anxo Diz, enfrontarémonos ao medo á escuridade, o medo a ignorancia, o medo á soidade, o medo a ser un mesmo… e demostraremos como con xogos e sorrisos podemos iluminar un novo mundo.

Pola súa banda, Mailúa achegaranos a estas datas para coñecer como se celebran, cales son os elementos propios (castañas, orizos, fiuncho…), historias e lendas ao redor delas… Haberá un obradoiro para pintar, recortar, crear.. e coñecer o léxico en galego e unha contada que nos achega a estas datas. Por último, Contofadas cos seus Contos de Outono ou Samagostín, nos achegará contos e historias para coñecer un pouco máis estas datas que se celebran dende sempre en Galicia.

A continuación poderás consultar todos os eventos que terán lugar este mes:

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

X