CAMELIAS MASCOTAS

Consellos para elixir colexio

Co arranque do ano natural, multitude de proxenitores empezan xa a pensar no arranque do próximo ano escolar. E é que escoller a mellor escola para a nosa rapazada non é unha tarefa doada, pois depende de moitos factores. No canto de buscar o centro escolar que presente unhas estatísticas cos mellores resultados académicos, talvez se debera prestar máis atención en dar co lugar que mellor se corresponda coa crianza que lle queiramos legar á nosa prole.

O xeito máis directo para coñecer un centro educativo é acudir ás xornadas de portas abertas. Neste tipo de visita pódese reparar en aspectos como as dimensións e a disposición das aulas, o equipamento, os traballos que penduran das paredes ou mesmo a orde e a limpeza de cada recanto. As áreas de recreo deberían ser amplas e estar dotadas de zonas verdes e luz natural. Alén do proxecto educativo e a metodoloxía a seguir, un indicador clave da verdadeira filosofía dun colexio é como se abordan os problemas de conduta que se poidan dar; se se impoñen sancións, cómpre saber en que consisten. O máis adecuado é que os principios ideolóxicos do centro educativo coincidan cos da propia familia.

Unha dúbida recorrente en nais e pais debutantes é se o mellor é optar pola educación pública ou, pola contra, elixir un centro concertado ou privado. A Movida fixo unha consulta ao respecto hai un ano; preguntamos a opinión sobre cales serían as mellores escolas públicas de Vigo e os mellor valorados foron o CEIP Emilia Pardo Bazán e mais o CEIP Balaídos. En aras de axudarvos nesta decisión tan complicada, deseguido achegamos unha listaxe de colexios da nosa contorna con próximas xornadas de portas abertas.

  • Colexio Alborada – Solicitando unha cita a través da web (colexioalborada.es)
  • Colexio Atlántida – Luns 5 e luns 19, ás 17:30 h (colexioatlantida.com)
  • Colexio Bouza Brey – Solicitando unha cita a través da web (colexiobouzabrey.com)
  • Colexio Montesol – Solicitando unha cita a través da web (colexiomontesol.com)
  • Colexio Quiñones de León – Solicitando unha cita a través da web (quinonesdeleon.es)
  • Eleven School – Solicitando unha cita a través da web (elevenschool.com)
  • Foresta – Sábado 24, ás 11:30 h (espacioforesta.com)
  • San José de Cluny – Sábado 3, ás 11:00 h (clunyvigo.es)
  • Semente – Solicitando unha cita a través de correo electrónico (vigo@semente.gal)

Foresta

En Vincios atopamos Foresta, un espazo en plena natureza no que os nenos e nenas...

Eleven School

En Eleven School enorgullécense de ofrecer unha educación única que fusiona o prestixioso currículo británico...

CPR Quiñones de León

O colexio Quiñones de León está situado na Travesía de Vigo, 36, e leva na...

Colexio San José de Cluny

O Colexio Concertado Plurilingüe San José de Cluny aposta por unha aprendizaxe baseada en diversas...

Colexio Montesol

O Colexio Montesol foi fundado en 1982 e atópase en pleno corazón do barrio de...

Colexio Bouza Brey

O colexio Bouza Brey é un centro educativo concertado pluringüe situado en Vigo que desde...

Colexio Atlántida

Na parroquia de Bouzas atópase o Colexio Atlántida, cooperativa dedicada ao ensino concertado que recibe...

Colexio Alborada

O CPR plurilingüe Alborada é unha cooperativa de profesores e profesoras que leva dedicada á...

A Semente Vigo

A Semente é unha iniciativa social sen fins lucrativos con seis centros educativos espallados pola...