VIALIA
bannerPicnicSesions

Coñece as 25 tapas participantes no Petisquiño’22

Onte arrancou a 8ª edición do Petisquiño, o concurso no que 25 locais de Vigo compiten por crear a mellor tapa da cidade. Ata o 27 de novembro, os vigueses e viguesas poderán recorrer os restaurantes participantes probando as súas creacións.

Do 10 ao 27 de novembro Vigo saca o seu lado máis gastronómico coa chegada do Petisquiño, o concurso de tapas por excelencia. Son 25 os establecementos de restauración e hostalería participantes nesta 8ª edición na que prima a innovación, a variedade de tendencias e culturas gastronómicas e a altísima calidade dos pratos creados. Este ano, os prezos das tapas están entre 2€ e 4€ cada unha.

REVISTA ABRIL

Cada restaurante creou a súa proposta de tapa inédita, que estará a disposición do público ata o día 27 de novembro. Os comensais terán que ir de local en local probando as tapas e poderán votar ás súas favoritas a través da app de Hostelería Pontevedra. Estes votos, sumados á valoración dun xurado profesional darán os nomes das 5 mellores propostas que pasarán á final do concurso.

O 1 de decembro celebrarase un evento único onde os cinco finalistas deberán preparar en directo a súa proposta ante un xurado profesional, que inclúe algún chef Estrela Michelín. De aquí sairá a tapa gañadora do Petisquiño’22.

LOCAIS PARTICIPANTES