CAMELIAS MASCOTAS

Compass: unha academia con moita clase

Non hai dúbida de que o café Vitruvia se converteu nun espazo de referencia nos oito anos que leva aberto, grazas á batuta que comparten Javier Ferreiro e Rosanna Ojea. Non en balde, ela foi recoñecida co galardón de Galega Destacada de 2019 polo labor como programadora cultural á fronte deste espazo e do festival Vigo Jazz-Class. Lonxe de acomodarse, Ojea iniciou o mes pasado un novo proxecto formativo.

A academia Compás leva aberta desde 1985 na céntrica rúa de Taboada Leal. A última responsable do espazo, María Pérez —unha das Fillas de Cassandra—, foi a que lle propuxo a Rosanna a idea de continuar con este proxecto. «Vin claro o camiño e decidín atreverme», lembra esta posuidora dun Título Superior de Piano e un mestrado en Neuromúsica, Ojea que leva moitos anos dedicándose á ensinanza musical, polo que e decidiu continuar esta faceta nun espazo que renovou completamente para darlle o seu toque especial. Decidiu internacionalizar o nome da empresa suprimindo o acento e engadindo un s: Compass. De Bach a Glass.

REVISTA NOVEMBRO

Quen estivese algunha vez no Vitruvia sabe que a elegancia é unha das marcas da casa, cousa que aquí se mantén. Máis que unha academia, Compass é un lugar alén do ensino. Deste xeito, o espazo alberga, ademais das clases, recitais en formato reducido e numerosas actividades paralelas como «Bibliotecla», un espazo con libros onde ler e tomar un café cun pianista tocando en directo; «Compass en familia», un formato de veladas íntimas con estudantes de piano e familiares; ou «Club de Escucha», para escoitar música con detalle para e comentala en grupo. Un dos servizos que destaca Rosanna é o da neuromúsica, unha disciplina na que leva anos especializándose e que serve para traballar o autocontrol, o autocoñecemento e a empatía. «Parece que hai demanda polas cousas coidadas; a xente agradece a música neste plan: para sentirse ben, desconectar e gozar dun anaco de calma e benestar», comenta Ojea.

Aínda que un fermoso piano de cola preside a estancia, Compass brinda a opción de aprender máis instrumentos: canto, guitarra, saxofón, violín ou mesmo formar unha coral.… O jazz e a música clásica, as grandes paixóns de Rosanna, están moi presentes, pero tamén hai espazo para a música moderna. «Hai un punto común para calquera persoa que queira achegarse a un instrumento, tanto se son nenos como xubilados: facelo de xeito atractivo e próximo, que vexan moi pronto que son capaces de facer música; poderán tocar algunhas das súas cancións favoritas enseguida», conclúe.

Rúa de Taboada Leal, 17, entresollado | 616 80 04 97 | academiacompas.com

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.