PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Chin-chin! Tempo de brindar con bebidas galegas

Como é tempo de brindar, propoñemos un par de bebidas galegas para regar con bo gusto estas datas. Saúde!

Ao sur da provincia, rozando a fronteira con Portugal, atópanse as 94 hectáreas dos viñedos que en 1954 impulsou a familia Gómez para fornecer unha bodega destinada á produción dun albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas que pertence á subzona do Rosal. Estamos ante un viño espumoso baixo en azucre que se elabora a través do método tradicional (champenoise), con 15 meses de crianza e medio ano en botella. Altos de Torona Brut fai unha maridaxe idónea con entrantes diversos, algunhas variedades de peixes e mariscos ou con queixos frescos. Ideal para acompañar aperitivos cun toque de estilo.

PVP: 19,50 € | altosdetorona.com | @altostorona

Casa Grande de Xanceda propón un cóctel sen alcohol elaborado coa súa kombucha do país, elaborada con ingredientes ecolóxicos de alta calidade e sabores naturais. Para preparar o combinado, mesturamos a Kombuxa Xan Lemmon con 100 mililitros de zume de laranxa  natural, 50 mililitros de té branco, unha culleradiña de mel ou de xarope de agave, xeo, unha poliña de romeu e unha roda de laranxa para decorar. Unha bebida fresca para un brinde moi dixestivo.

VINA COSTEIRA

PVP: 2,55 € | casagrandexanceda.com | @xanceda