VIALIA
PLAYDOC

Chin-chin!

Como é tempo de erguer as copas polo novo ano, propoñemos un par de viños procedentes de de dúas boas casas galegas para regar os nosos brindes destas datas. Saúde!

Altos de Torona Brut

Ao sur da provincia de Pontevedra, rozando a fronteira con Portugal, atópanse as 94 hectáreas de viñedo que en 1954 impulsou a familia Gómez para fornecer a súa bodega. A uva que se emprega para a produción deste albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas que pertence á subzona do Rosal. Estamos ante un espumoso baixo en azucre que se elabora a través do método tradicional champenoise, con 15 meses de crianza e medio ano en botella. Altos de Torona Brut fai unha boa maridaxe con entrantes diversos, algunhas variedades de peixe e marisco ou queixos frescos. Ideal para acompañar aperitivos ou primeiros pratos.

PVP: 19,50 € | altosdetorona.com | @altostorona

REVISTA ABRIL

Paco & Lola Heritage

Un viño branco que combina a esencia de sempre coa complexidade aromática da crianza en barrica é a edición limitada de Paco & Lola Heritage. Este albariño envellece repousando no seu borro en barricas de carballo de 500 litros, dando pé a un resultado que ofrece elegancia e personalidade. Coa Denominación de Orixe Rías Baixas este caldo da área do Val do Salnés prescinde dos lunares que habitualmente visten os produtos da marca para presentarse cunha etiqueta sobria e venderse nunha caixa individual con peche lateral en dúas opcións de cor a escoller: azul ou laranxa. Unha referencia que resulta un acerto á hora de facer un regalo.

PVP: 37,00 € | pacolola.com | @paco_lola