VIALIA
PLAYDOC

Carlos Núñez, Milladoiro, mercados e realidade virtual esta fin de semana en Vigo

Que o domingo sexa Noiteboa non implica que estes días non teñamos unha chea de plans para desfrutar da penúltima fin de semana do ano. Concertos, mercados, teatro, espectáculos circenses e experiencias de realidade virtual son algunhas das propostas para estes días. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Carlos Núñez no alto do Castro | P. Vázquez

CARLOS NÚÑEZ – Venres e sábado ás 20:30 no Teatro García Barbón – Desde 17,00€

Carlos Núñez estreará o seu novo disco “Celtic Sea” na que será toda unha festa intercéltica na que participan artistas dos principais países celtas. Esta nova aventura musical nace navegando nas rutas de Brittany Ferries, a compañía marítima que, cunha historia de 50 anos, lle encargou ao noso gaiteiro máis internacional unha banda sonora para celebralo, porque comparte con Carlos a paixón por conectar as culturas dos países atlánticos de Europa.

MERCADO RECICLADO – Venres e sábado en Simia – De balde

Mercado Reciclado, unha iniciativa da deseñadora de moda Felicetta Gualtieri, que cada mes amosa marcas locais de roupa upcycling, segunda man e artesanía. Neste mercado atoparemos artigos cheos de historias únicas e poderemos coñecer a persoa que está detrás de cada un destes proxectos. Ademais haberá diversas actuacións musicais e oferta gastronómica vegana. Tamén haberá zona de intercambio do banco de donacións do taller.

SKA ALL NIGHT: DANDY FEVER + TRANSILVANIANS – Venres ás 21:00 no Sinattra Club + Molotov Club – 12,00€

Décimo primeira edición do Ska All Night que se celebrará o vindeiro venres 22 de Decembro a partir das 21:00h no Sinattra CLUB  e continuará con DJ no Molotov Club Por un lado, Dandy Fever que veñen presentando o seu flamante novo LP Audio Magnetic Recording Years editado por Pantx Records, e por outro lado teremos aos reis do reggae catacumbeiro Transilvanians, facendo o clásico concerto anual na súa cidade. Tralo concerto haberá pinchada en Molotov Club con convidados de luxo como Toni Face (Liquidator Music, Madrid), Bel Selektah (Engine 54, Buenos Aires) e Kino L-Cobra + Keka RRG (Life On Reggae Planet, Vigo).

TEATRO GORRILLA – Sábado desde as 18:00 en varios locais de Churruca – Caixa inversa

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza. Cinco actuacións, de compañías e artistas destacadas galegas en cinco bares de Churruca (Tinta Negra, Kominsky, A Casa de Arriba, Burbia e Candela) desde ás 18h ata ás 22h. Caixa inversa (mínimo recomendado de 4€ para cada espectáculo).

GRAN CIRCO ACROBÁTICO DE CHINA – Sábado e domingo no Mar de Vigo – Desde 27,00€

Cualificado como único no mundo e con máis de 30 artistas en escena, a maioría medallistas olímpicos e algúns procedentes do Cirque du Soleil. O show convida o público a viaxar xunto ao protagonista, un neno soñador que entra nun mundo de fantasía.

MILLADOIRO – Sábado ás 18:00 e 22:00 na Sala Rebullón – Desde 12,00€

Un grupo histórico para pechar un 2023 especial en Tameiga. A Comunidade de Montes programa dúas actuacións de Milladoiro o próximo 23 de decembro na Sala Rebullón, como colofón ao ano de celebración dos seus corenta anos como entidade. A primeira será ás 18:00 con cadeiras e a segunda ás 22:00 sen elas.

DIOIVO – Sábado ás 21:00 no Transylvania Metal Pub – 5,00€

A banda de metal viguesa Dioivo presenta en directo no Pub Transylvania de Vigo o seu novo álbum Cara os Ceios Incrementes. O dúo estará acompañado por Karracho e os segovianos Mortal Maze.

MOON CRESTA – Sábado ás 22:00 na Sala Masterclub – Desde 12,00€

Moon Cresta celebra o fin dunha etapa nun concerto especial de Nadal cargado de sorpresas. Un repaso por toda a discografía da banda no único concerto do ano en Vigo en case dúas intensas horas de power & funk.

GALIVERSO SOMERXIDO – Ata o 4 de xaneiro no Museo de Mar – De balde

REVISTA ABRIL

Do 22 de decembro ao 4 de xaneiro poderedes ir a gozar desta experiencia de realidade virtual no Museo do Mar. Galiverso somerxido unha experiencia única na que empregando unhas lentes de realizade virtual, poderedes subir nun batiscafo e explorar os fondos mariños da costa galega. Reserva previa no no 652623753.

MERCADO DE NADAL – Ata o 31 de decembro no CC Camelias – De balde

O Centro Comercial Camelias pon toda a carne no espeto nestas datas tan especiais cunha ambiciosa programación para todos os gustos e idades. Baixo o lema “Brilla a maxia do Nadal no Camelias”, este mes temos multitude de actividades, mercados, obradoiros e campañas solidarias para pasar un bo anaco no centro comercial máis lonxevo de Vigo. Esta fin de semana hai o taller Reciclando facemos Nadal, o taller de neve, o corredor retro, a visital de Papá Noel e o mercado de Nadal.