CANS
GALAXIA

Milladoiro

23dec18:00MilladoiroCONCERTOS | Desde 12,00 €18:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Un grupo histórico para pechar un 2023 especial en Tameiga. A Comunidade de Montes programa dúas actuacións de Milladoiro o próximo 23 de decembro na Sala Rebullón, como colofón ao ano de celebración dos seus corenta anos como entidade.
A Rebullón, que alzouse tamén este ano co Premio Martín Códax da Música á mellor sala de concertos– acollerá dous pases da mítica banda galega, para ofrecerlle a público de todas as idades a posibilidade de presenciar en directo a
unha formación con 25 discos editados e unha vintena de premios colleitados ao longo dos seus corenta e cinco anos de traxectoria musical. O primeiro pase comezará ás 18:30 horas do 23 de decembro. Neste caso, e pensado para a comodidade e accesibilidades de todos, o público que adquira a súa entrada poderá disfrutar do espectáculo sentado, con entradas desde 15 euros online, 18 euros en billeteira. A segunda actuación de Milladoiro empezará ás 22:00 horas. Neste caso, non haberá cadeiras na Rebullón e as entradas están á venda desde 12 euros en anticipada e 15 euros en billeteira.

Milladoiro é un dos principais embaixadores internacionais da cultura galega, un dos mellores grupos de música celta do mundo, en constante reivindicación e recuperación da tradición musical galega. O 23 de decembro, despregará na Sala Rebullón todo o seu talento de raíz celta e tradición galega, un dobre concerto moi especial para festexar corenta e cinco anos “poñendo banda sonora a un país en perpetua construción imperfecta” “Somos fillos seus e lembramos a cor sepia dos dias escuros e de pobreza socio-ambiental. Corenta e cinco anos despois, seguimos á procura da beleza e da harmonia nunha singradura que ten a Galicia como epicentro dunha longa espiral sen fronteiras e que agarda e demanda de cada un de nós, que sempre estemos á altura do seu horizonte de mar, ceo e terra”.

Entradas á venda nest ligazón.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events