CANS
GALAXIA

SUNIL LÓPEZ TRÍO

02mai22:00SUNIL LÓPEZ TRÍOCONCERTOS | Desde 6,00€22:00(GMT+02:00) El Contrabajo

Detalles do eventos

O pianista vigués Sunil López (formado en Basilea da man de profesores como Brad Mehldau, William Evans, David Virelles) preséntase a trío no Contrabaixo, nesta ocasión acompañado doutros dous recoñecidos músicos da escena nacional: Xurxo Estévez ao contrabaixo e Brais Lorenzo á batería, músicos cos que compartiu diversos proxectos.

A súa música bebe das influencias de clásicos do xénero como Bill Evans Trio, Ahmad Jamal Trio ou Keith Jarrett Trio, achegando unha visión e personalidade propia do formato de trio. Interpretarán temas orixinais de Sunil, así como arranxos de standards de jazz, nun concerto no que destacarán (como é habitual no pianista) o lirismo, a complicidade, a frescura e un respecto profundo pola tradición jazzística.

Achega para a banda: 6,00 € anticipada e 8,00 € despacho de billetes.

Máis

Hora

(Xoves) 22:00(GMT+02:00)

Localización

El Contrabajo

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events