CAMELIAS MASCOTAS

Camiño a camiño percorrerá cinco xoias naturais galegas

O programa Camiño a Camiño do Concello de Vigo organiza nos meses de setembro e outubro percorridos ambientais por cinco paraxes naturais de Galicia.

Excursión ás Illas Cíes o pasado maio | Cedida

750 persoas poderán participar nun dos cinco roteiros programadas en espazos naturais de Vigo e Galicia. A intención é achegar á cidadanía a riqueza dos espazos naturais costeiros e de montaña, profundizando no valor paisaxístico e coñecendo a fauna e a flora.

REVISTA NOVEMBRO

Entre setembro e outubro os percorridos guiados percorrerán o Xeoparque do Courel, onde se visitará o dobramento xeolóxico de Campodola, unha xoia que permite abordar a historia de 500 millóns de anos de xeoloxía; o Monte Pindo, en Carnota, con visita á fervenza do Ézaro, unha das poucas fervenzas que caen no mar en Europa; o Parque natural de Corrubedo onde se contemplará o complexo dunar e as zonas húmidas da contorna; e a Reserva da Biosfera de Allariz.

Tamén se realizará unha camiñada dentro de Vigo, á Serra do Galiñeiro. Está programado atravesala desde Zamáns ata o parque natural Aloia coa finalidade de observar a súa riqueza biolóxica e xeolóxica.

Aínda non se coñecen os detalles das rutas deste outono, pero nas anteriores edicións do prgorama Camiño a Camiño as saídas foron gratuítas, cun aforo de 150 persoas por excursión e con saída ás 9 da mañá desde a Praza do Rei. Os traslados realizáronse en autobús.