VIALIA
bannerPicnicSesions

A festa dos Maios percorrerá os barrios de Vigo

Tras un longo, chuvioso e frío inverno, en Vigo recibimos a primavera cos brazos ben abertos. Para celebralo, xa dende tempos inmemoriais, celébranse os Maios. A partir da vindeira semana, a festa dos Maios irá percorrendo diferentes barrios da cidade para culminar o día 13 coa gran celebración do Casco Vello.

REVISTA ABRIL

Despois do letargo do inverno, os días fanse máis longos, os raios do sol iluminan a nosa pálida pel, as flores cobren as leiras e as árbores comezan a dar o seu froito. Unha explosión de vida, cor e alegría. A tradicional festa dos Maios celebra toda esta transición. Trátase dunha celebración cíclica presente nas culturas rurais europeas.

Sendo Galicia un pobo que tradicionalmente estivo moi vinculado ao campo a celebración dos Maios chega ata os noso días. Para achegar esta tradición aos máis pequenos da casa, a oficina de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza unha festa dos maios que vai ir itinerando dende o vindeiro luns por diferentes barrios da cidade. Un Obradoiro no que os cativos aprenderán todos os segredos sobre esta tradición ao tempo que a bailan e a gozan. A actividade na que tamén poden participar os adultos rematará coa danza das cintas. A primeira cita será o luns pola tarde no Calvario, o sábado 5 pola mañá celebrarase en Navia, o martes 8 en Coia, mércores 9 en Praza de Indepencia, venres 11 en Bouzas e o sábado 12 en Teis.

O día grande dos Maios chegará o domingo día 13. A Asociación do Casco Vello celebra a 36º edición da súa tradicional Festa dos Maios. Como novidade, este ano en lugar de ter lugar na praza da Constitución será na praza do Berbés. Toda unha xornada na que haberá actividades para pequenos e maiores e na que non faltará a música. O acto central terá lugar ás seis da tarde coa representación dramatizada da festa dos Maios.

(GMT+01:00) Mercado do Calvario


(GMT+01:00) AVV Novo Vigo


(GMT+01:00) Praza da Gurulla


(GMT+01:00) Praza de Independencia


(GMT+01:00) Praza Suárez Llanos, Bouzas


(GMT+01:00) Mercado de Teis


(GMT+01:00) Plaza do Berbés