REVISTA ABRIL

As recomendacións do equipo de A Movida para o Festival TerraCeo

Polo momento a programación do Festival TerraCeo, que terá lugar entre maio e setembro na terraza do Mar de Vigo, conta con case 40 actuacións musicais. Xa pasados os concertos de Taburete e Carlos Sadness, algúns dos membros do equipo de A Movida seleccionamos os nosos tres concertos favoritos destes meses apaixonantes que temos por diante. Podes mercar aquí as entradas.

Tres persoas gozando do concerto de Amaral no TerraCeo o ano pasado | P. Cermeño

TAMARA NOVOA – Edición

  • Eladio y los Seres Queridos (5 xuño): Banda local de indie rock que presentará o seu último disco Academia en sesón vermú.
  • Corizonas (10 xullo): Fusión musical dos grupos Coronas e Arizona Baby que presentará o álbum Corizonas III
  • Bala (5 agosto): dúo galego de punk e hardcore de gran éxito tanto aquí como no estranxeiro.

PABLO VÁZQUEZ – Redacción e fotografía

  • Juancho Marqués (5 xuño): Rapeiro incomformista que mestura a música urbana con xéneros como a electrónica e o pop.
  • The Soul Jacket (11 xuño): A banda de rock máis potente da cidade presentará Let Me Stand con todos os billetes vendidos.
  • Ángel Stanich (17 xullo): O cantautor de folk rock lisérxico volve aos escenarios tras un par de anos en barbeito.

PAULA CERMEÑO – Redacción e redes sociais

REVISTA ABRIL
  • Baiuca (21 maio): O artista galego é un dos grandes renovadores da música tradicional e da electrónica. Presentará coa súa banda Embruxo.
  • Paco Ibáñez (24 xullo): O lendario cantautor celebrará o 50 aniversario do histórico no Olympia de París en 1969.
  • Freedonnia (30 xullo): Banda de referencia na escena nacional de música soul e funk formada por unha voz incendiaria e oito músicos que rezuman creatividade.

RUBÉN GONZÁLEZ – Deseño e maquetación

  • Annie B. Sweet (4 xuño): A compositora regresa con novo disco, Universo por estrenar, o primeiro en castelán da súa carreira.
  • Jorge Drexler (11 agosto): Un dos autores máis importantes da música latinoamericana parará en Vigo dentro da súa xira por lugares singulares e máis íntimos.
  • Tanxugueiras (-): O trío de cantareiras dará un novo aire á música folclórica galega na terraza do auditorio.

UXÍO COUTO – Revisión de textos

  • Os Resentidos (22 maio): A recoñecida banda viguesa liderada por Antón Reixa volve aos escenarios con novo disco, Operación Nautilus.
  • Los Secretos (28 maio): O mítico grupo madrileño volve cun novo formato onde nos mostrarán o mellor da súa música, comezando cun elegante trio acústico.
  • Batea (-): Banda local de folk rock nada no 2020 que vén de publicar o seu álbum debut Tampoco somos los Rolling

ESTELA GÓMEZ – Redacción

  • La Bien Querida (25 xuño): Mestura xéneros tales como o pop, flamenco, electrónica ou indie co amor como tema central.
  • Califato 3/4 (2 xullo): Unha das bandas revelación de 2021, cun estilo único que fusiona flamenco con hip hop, electrónica e funk.
  • Triángulo de Amor Bizarro (31 xullo): A banda de indie e noise rock coruñesa presentará o seu quinto disco, convertidos nunha das bandas máis respetadas do panorama musical estatal.