CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

As festas de San Brais e As Candelas, entre os plans da fin de semana en Vigo

Moita festa popular temos esta fin de semana con San Brais e As Candelas. Pero, ademais, temos swing, rock, teatro, mercados na natureza e podcasts en vivo. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

A cantante Sés durante un concerto | P. Vázquez

FESTA DAS CANDELAS – Venres, sábado e domingo en Castrelos – De balde

Os días 2, 3 e 4 de febreiro a parroquia de Castrelos, ao pé da Igrexa Románica de Santa María, celebra a festa das Candelas e San Brais con actuacións de diferentes charangas e bandas de música.

SAN BRAIS – Venres e sábado en Bembrive – De balde

Este sábado é o día grande de San Brais, pero o venres tamén hai festa pola parroquia de Bembrive. Furanchos, viño, cocido, música e moita troula son os ingredientes principais dunha das festas máis populares de Vigo.

SWINGUEANDO OS 34 – Venres, sábado e domingo en varias ubicacións – Desde 20,00€

Cada ano unha amante do swing organiza esta festa para darlle unha volta máis ao sol do modo que máis lle presta: bailando e escoitando swing con música en directo e rodeada de bailaríns. Este ano, a anfitrioa do evento fai 34 anos e dalle un novo xiro á cuarta edición deste evento: tres xornadas intensas de baile, djs, obradoiros e música en directo en tres localizacións: A Casa de Arriba, Sala Rebullón e A Talangueira (Moaña).

HISTÉRIKAS HISTÓRIKAS CON SÉS – Venres ás 19:30 en A Morada – 10,00€

O pódcast Histérikas Histórikas, conducido por Priscila Retamozo, di adeus a tres anos “nas ondas”. Penúltimo programa deste podcast en directo que conta cunha convidada de luxo: a cantante Sés.

FESTIVAL RUTAS IBEROAMERICANAS – Venres, sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 10,00€

Esta fin de semana a Sala Ártika acolle tres espectáculos dentro do Festival Rutas Iberoamericanas: Mosca, de Ártika Cía., Nos, de Compañia Zero10 e La Sapo, do arxentino Ignacio Tamagno.

VIGOCULTURA: EL BOSQUE VIVIENTE – Sábado ás 19:00 na rúa do Príncipe – De balde

Este sábado 3 ás 19:00 na rúa do Príncipe arranca a programación de Vigocultura con El Bosque Viviente, un espectáculo de rúa que, segundo os seus creadores, é “moito máis que un simple espectáculo itinerante; é unha experiencia única que transcende as barreiras do tempo e a imaxinación”. Ambientado nun albergue de peregrinos do camiño de Santiago, un ancián comparte unha historia que cambiará a percepción da natureza para sempre.

CONCERTO ISMAEL SERRANO – Sábado ás 20:30 no Teatro García Barbón – Desde 22,00€

Ismael Serrano volve sorprendernos cun novo espectáculo cheo de poesía, no que convida ao público a gozar do privilexio de escoitar os seus éxitos habituais e temas novos. Nesta xira (‘La canción de nuestra vida’), Ismael Serrano renova o seu repertorio cun novo disco, que saíu en setembro de 2023. E farao ofrecendo ao público unha nova experiencia musical, fuxindo do recital convencional, afondando na aposta teatral que xa avanzou en anteriores xiras.

CONCERTO LA FUGA – Sábado ás 21:00 na Sala Rouge – Desde 18,00€

La Fuga son Nando (guitarra) e Edu (batería): un grupo de Reinosa (Cantabria) con máis de 500 concertos ás súas costas nunha decena de xiras, 9 discos publicados ata a data, e unha historia de constancia e rock and roll. Unha banda cuxo esforzo situou no máis alto do panorama da música estatal, e cuxo comezo se remonta a hai case 20 anos.

MR. KAMÁNDULA E SEITURA – Sábado ás 21:30 en El Contrabajo – Desde 6,00€

REVISTA NOVEMBRO

Dobre concerto de rock en El Contrabajo. Desde Cerceda chega a banda de hard rock Mr. Kamándula e desdeo o Val Miñor o grupo de punk rock Seitura.

ROMARÍA FEITA A MAN – Domingo desde as 9:00 no Parque Forestal de Saiáns – De balde

Desde as 9:00 da mañá ata a hora do xantar o Parque Forestal de Saians alberga numerosas actividades: mercado de artesanías, alimentación ecolóxica e cosmética natural; roteiro de aves de inverno e concerto de SAFA Dúo.