CANS
GALAXIA

Este é un evento repetitivo

O I circuíto de Rutas Iberoamericanas chega á Sala Ártika

02feb20:00O I circuíto de Rutas Iberoamericanas chega á Sala ÁrtikaESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Trátase dun proxecto de internacionalización das artes escénicas entre Arxentina, Chile e España, impulsado e xestionado pola Sala Inestable e no que participan outras nove salas españolas, entre as que se atopan a viguesa Sala Ártika. O proxecto enmárcase baixo o paraugas da Rede Iberomericana de Espazos Escénicos (RIEE).
A partir do venres 2 de febreiro e ata o domingo25, dúas compañías arxentinas, unha chilena, dúas portuguesas e dúas nacionáis, amosarán en xira os seus espectáculos.

Fin de semana do 2 ao 4 de febreiro:

MOSCA – ÁRTIKA CÍA. (Venres ás 20:00)

Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pedro vese reflectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza. Anguriante e intensa, Mosca, somérxese na vida dun neno e que é o que este sinde sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuizos e o non saber que facer e como pode solucionalo o entorno no que Pedro se move.

Entradas

NOS – COMPAÑIA ZERO10 (Sábado ás 20:00)

NOS é unha comedia que quere reflexionar sobre a esencia do pensamento totalitario dende unha perspectiva ampla. Non pretende situarse como unha farsa política inscrita no noso contexto máis inmediato. Dalgún xeito NOS quere afondar, sempre con humor, nas tendencias totalitarias do comportamento humano. O espectador está convidado a un dos primeiros encontros dun novo movemento revolucionario: NOS. Durante o encontro, os simpatizantes do movemento detallarán o seu programa dun xeito intuitivo a través de imaxes, xestos e o peso da música en directo. Compartirán as súas ideas políticas e farán estallar á nosa cabeza propoñendo ideas próximas a nós pero tamén auténticas atrocidades. Ideas sensatas pero tamén repugnantes. Ao mesmo tempo os catro protagonistas a través de monólogos en verso, máis propio do mundo onírico, transmitirán os motivos internos e as frustracións íntimas que os levan a defender estas ideas. O público, rindo, verá crecer o seu malestar a medida que vai descubrindo as ideas, cada vez máis radicais, que reúnen aos asistentes neste encontro do que tamén forman parte.

Entradas

LA SAPO –  IGNACIO TAMAGNO (Domingo ás 20:00)

Nun patio cheo de obscuridade, unha neta e a súa avoa morta desenterran o escuro e violento pasado familiar que as mantén unidas.

Entradas

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events