REVISTA ABRIL

ARTISTAS enche as paredes de Vigo de arte e feminismo

Co seu proxecto ARTISTAS, o vigués Davida en colaboración con Festival Nun Local, espalla por diferentes zonas de Vigo as súas ilustracións das diferentes actuacións femininas das tres primeiras edicións do Festival. Un total de 34 debuxos que buscan dar visibilidade á muller nos diferentes eidos artísticos. 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Como proclamaba Bob Dylan fai cinco décadas, os tempos están cambiando, e afortunadamente cada vez é máis habitual ver escenarios repletos de mulleres compartindo a súa arte co público. Eventos como 85C e Festival Nun Local levan anos loitando por este obxectivo, e son algunhas das actuacións femininas deste último as que foron transformadas en ilustracións polo artista vigués Davida. Se queres coñecer a localización de todas elas, pincha neste enlace.

REVISTA ABRIL

Todas as ilustracións (34 en total), repartidas por Hispanidade, Calvario, Florida e Casco Vello, van acompañadas dun código QR que proporcionará material audiovisual da artista en cuestión, facendo esta #RutaDasArtistas aínda máis interactiva. Todas as obras teñen a súa orixe nunha fotografía tirada nalgunha das actuacións do Festival Nun Local.

Na zona do Calvario atoparemos as ilustracións de Paula González, Bea Gea, Macarena Montesinos, Margarida Mariño, Cris Domínguez, Ari Magritte e Lucía Novás. En Hispanidade están Lisa Silva, Beatriz Martínez, Su Garrido Pombo, Sarah Jane, Nuria Sotelo e Clara Ferrao, Beehive e Sheila Patricia. Baixando a Gran Vía, na zona de Florida, veremos nas paredes a Grupo F, Palito, Maraghotas, Sandra Piñeiro, Bea de Heroínas, Antía Costas e Anabel Budiño e Leticia González. Finalmente, no Casco Vello, ilustracións de Najla Shami, María Pascuala, Azzizza, Anna Canadillas, Soraya Paradela, Sara Bonner, Ailén Keidelman e Mounqup darán vida aos muros do barrio.

ARTISTAS e #ARutaDasArtistas, dúas iniciativas brillantes e guerreiras que pretenden desafiar o status quo e pór de manifesto a cara feminina da arte, tan necesaria como desgrazadamente olvidada por momentos.