VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival Nas Verzas: xenio, feminismo, arte e punk

Baixo o lema ‘Máis duras cós cañotos das verduras’ o colectivo de mulleres artistas 85C organiza o festival ‘Nas Verzas’. Un evento reivindicativo no que non faltará o humor, a sátira e grandes doses de talento artístico.

REVISTA ABRIL

Máis de 20 artistas emerxentes do panorama cultural galego participarán no singular festival ‘Nas Verzas’ que pretende reivindicar a presenza das mulleres no punk. O evento que se celebrará na tarde e noite do sábado na sala Doppler haberá música, mercadillo artesanal, performance e a pintada en directo dun cadro que se sorteará coas entradas.

Facendo un guiño á forza, arranque e xenio da muller rural galega empregan o lema ‘Máis duras cós cañotos da verdura’. Pretenden desfacerse desa imaxe de vulnerabilidade e fraxilidade que en moitas ocasións se lle atribúe ao xénero feminino, demostrando que tamén hai mulleres que fan punk e que merecen ter o seu espazo enriba dos escenarios. O festival arranca ás 6 da tarde cun mercadillo artesanal no que se exhibirán ás creación de seis artistas feministas galegas. Se poderá coñecer o traballo da ilustradora Sofía Venzel, Hamburguesa de Queixo leva o corpo da muller a peculiares pezas de bisutería e artesanía, os deseños ‘cutres, erótico, festivo, feministas’ de Sierrapitos, os traballos en cerámica de Peixe Nero, as propostas en deseño téxtil de Conchita la Fantástica e achegarnos a autoedición a través de Infumable Fanzine.

Ás 20:30 o colectivo multidisciplinar de Vigo Ghatas Salvaxes fará unha intervención no cruce entre Irmandiños e Martín Códax que de ben seguro non deixará indiferente a ninguén. En caso de choiva a actividade terá lugar no interior da Sala Doppler. Tras a actuación do grupo vigués comezará a música cos concertos de Grima e Contenedor de Mierda. Durante as actuacións, a artista Algajandra pintará en directo un cadro que se sorteará ao remate entre tódolos asistentes.

(GMT+01:00) Sala Doppler