REVISTA ABRIL

03abr20:00PROXECCIÓN DE 'SALVAXE, SALVAXE' CON PRESENZA DO EQUIPOACTIVIDADES PARA O COCO | 7,90 €20:00(GMT+02:00) Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)

Detalles do eventos

O Cine Tamberlick proxecta Salvaxe, salvaxe (Emilio Fonseca, 2024), un documental, rodado entre Galicia e Portugal coa compaña de científicos e investigadores, que busca resignificar as imaxes da natureza e cuestionar a relación entre humanos e non humanos. Un exercicio fílmico que se achega ao silvestre sen suplantalo, co desexo de descubrir a súa existencia e sen necesidade de representalo, revelando tanto as imaxes de ausencia como as de encontro. Ademais, o evento conta coa presenza do equipo.

Salvaxe, salvaxe obtivo varios recoñecementos en festivais como o de Málaga (Premio mellor documental), FICG Guadalajara (Mención especial Premio Socioambiental), Play-Doc (mellor documental galego), Alcances (Mención especial), Ourense (mellor dirección Galicia) ou Another Way (Premio do público Impacto). Tamén estivo en competición noutros festivais como o Festival de documentais de Tesalónica, Porto/Post/Doc, MajorDocs, Cinespaña Toulouse ou L’Alternativa de Barcelona.

SINOPSE

Cheiras iso? A cámara entra nos montes da Galiza e o norte de Portugal entre murmurios. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos. Salvaxe, salvaxe rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. Este ensaio fílmico é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.

Sobre o autor, Emilio Fonseca

Guionista, director, debuxante, animador e docente en ámbitos da imaxe, funda en 2008 Walkie Talkie Films, traballando con linguaxes documentais e experimentais. Autor dos ensaios sobre Antropoceno, simulacro e delirio Somos plaga e Soy muro da serie de pensamento Soy Cámara (CCCB), o libro Imágenes: un dominio público (VVAA, CCCB, 2020), e as pezas televisivas Queimar o monteTallers Sonors. Participou no proxecto de arte e cooperación internacional Chaco Ra’anga (AECID), creando o cómic documental sobre conflictos ecosociais Verde Invisible (AECID, 2024). É tamén autor do cómic de ficción Fóra de Mapa (Premio Castelao de Banda Deseñada 2016). Salvaxe, salvaxe é a súa primeira longametraxe cinematográfica.

ENTRADAS AQUÍ.

Máis

Hora

3 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events