Augusta

Esta fin de semana as mulleres toman Vigo no 85C

Os días 7, 8 e 9 de setembro chega a III Edición do Festival 85C, o máis ambicioso e multidisciplinar ata a data. Tres días no que as artistas encherán multitude de locais da cidade para mostrar as súas aptitudes artísticas, xa sexa música, artes escénicas, poesía oral, cinema, obradoiros, mesas redondas e todo o que se lles poña por diante. Tres días de cultura para axitar corpos e conciencias.

Todas as actividades e localizacións do Festival | Marcia Vázquez

Esta fin de semana Vigo será arroiado por un tsunami de arte e feminismo, xa que decenas de locais e lugares públicos exercerán de sede neste multidisciplinar festival. O venres 7 comezará cunha mesa redonda ás 17:30 en A Revolta, seguida dun ciclo de proxeccións nos Multicines Norte ás 20:00. Ás 23:00, no Burla Negra, terá lugar a Noite Folk, onde poderemos presenciar á Nova Regueifa Feminista, Dadga e, finalmente, foliada e danza tradicional, todo por 5€.  A partir da unha da mañá, ao igual que ocorrerá o sábado, as mulleres fanse co poder das salas en Churruca na Loita, onde elas serán as encargadas de poñer a banda sonora da zona de marcha máis importante de Vigo.

FCC2023

O sábado será o día central do 85C, con actividades xa de mañá. Ás 10:30 haberá 3 obradoiros distintos na Casa Arines. Á mesma hora Anxos Fazáns impartirá o curso intensivo de dirección e interpretación ante a cámara. Ás 13:00 será o turno da lírica coa Poética PELUQart da man de Raquel Lima, Carmen Conde e María Lado. De tarde teremos o ciclo de artes escéncias no MARCO, ás 17:30, con María Roja, Inherente Teatro, Catarina Campos e Melissa Sousa. De novo, ás 20:00 horas será o turno da proxección de curtas nos Multicines Norte, e na rúa de Príncipe as Ghatas Salvaxes levarán a cabo a súa performance 3564. Os concertos do sábado serán ás 23:00 na Sala Master Club, coas actuacións de Rendi Nue, Mounqup e o DJ Set de Da Chick. A festa continúa con Churruca na Loita e remata en Mondo Club, co Guateque a Esgalla.

Se despois de tanta marcha aínda tes ganas de máis, ás 10:00 do domingo terás diferentes obradoiros e o curso de Anxos Fazáns. Ás 12:00, na Praza da Constitución, Paula Quintas e O Baúl da Tía Tola traerán diversión ás crianzas coas súas actuacións familiares. A media tarde terá lugar a última mesa redonda do festival na que todas as artistas participantes intercambiarán as súas opinións sobre esta III Edición. No último ciclo de proxeccións nos Multicines Norte, e derradeira actividade do festival, poderemos visionar as obras gañadoras do Premio María Luz Morales, de Denisse Lozano e Lucía Estévez, con posterior coloquio coas directoras.

En só tres anos as rapazas de 85C foros quen de xuntar a máis de 80 artistas para ocupar 25 locais e espazos da cidade, algo que demostra a súa enerxía e determinación á hora de levar adiante este evento. Para saber máis acerca das actividades, horarios, prezos e localizacións consultar os diferentes carteis, obra de Marcia Vázquez, na súa páxina de Facebook. 

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.
X