CAMELIAS MASCOTAS

Acrobacias e humor na segunda edición do Artiklown

A Sala Ártika organiza a segunda edición do Artiklown!, un festival de circo á escena, formado por catro representacións para público inantil e adulto ao longo de maio.

Catro compañías de teatro-circo traerán as súas propostas á Sala Ártika ao longo deste mes dentro da segunda edición do ciclo Artiklown, artellado para dar visibilidade ás novas disciplinas circenses e ás compañías que desenvolverán os seus espectáculos dentro do novo circo, o clown e o cabaret. Entre as obras que se inclúen neste festival atópase Ghop!, Home, Circ Obsolet e . Tres propostas galegas e unha valenciana que abranguen desde o público infantil ata o adulto. As entrads están xa á venda na web de Ártika.

Ghop! , de Teatro ao cubo. Circo, teatro, baile e monicreques coa participación do público (familiar)

Sábado 07 de maio de 2022 ás 18:00h.
Domingo 08 de maio de 2022 ás 12:00h e 18:00h.

Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía…GHOP! un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.

Home, comedia deconstruida. De Antón Coucheiro (para adultos)

Venres 13 de maio ás 20:00h
Sábado 14 de maio ás 20:00h
Domingo 15  de maio ás 20:00h

Home é unha comedia deconstruída e irreverente, un espello no que o público se verá reflectido. Cun sentido do humor directo e arriscado, quere facer rir e dar que pensar, nun momento social absolutamente necesario. Un espectáculo honesto e provocador, polémico e divertido, no que o propio Antón Coucheiro se cuestiona e se burla de sí mesmo.

Circ Obsolet, circo, poesía e humor. La panda de Yolanda (+12 anos)

Venres 20 de maio ás 20:00h
Sábado 21 de maio ás 20:00h
Domingo 22 de maio ás 20:00h

Se continúas escribindo cartas, se lembras números de teléfono ou se tes cintas VHS… “Circ obsolet” encantarache porque é un circo de aquilo vello, caduco e esquecido. Como os teléfonos fixos, as bailarinas flamencas enriba da televisión, as televisións mesmas, ou as cartas postais escritas a man. Unha oda a aqueles que o arranxarán todo para que as cousas continúen funcionando, a pesar da súa inutilidade. Que gardei? Para que serven as cousas que non serven? Que valor teñen? Para que sirvo eu? E os meus recordos? 

REVISTA NOVEMBRO

Só. De Xampatito Pato (familiar)

Sábado 28 de maio de 2022 ás 18:00h.
Domingo 29 de maio de 2022 ás 12:00h e 18:00h

Un personaxe obsesivoe meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.