I Artiklown! [Sala Ártika]

O mestre Federico Fellini deixou escrito que o clown «expresa o instinto irracional do home, ese matiz rebelde e contestatario contra a orde superior que hai en cada un de nós». Ártika presenta Artiklown!, o primeiro Festival de Circo á Escena que se desenvolverá ao longo de catro fins de semanas deste mes na sala de teatro da avenida da Beiramar. Acrobacias, cabaré, danza ou teatro xestual en propostas para todos os públicos ou, segundo o espectáculo, exclusivamente para adultos. Sobre as táboas estarán AsacocircO, Francis J. Quirós, Fredi & Cía ou Malala Ricoy, facéndonos sentir coma rapaces, ademais de amosarnos a riqueza e as posibilidades escénicas do novo circo.
#culturasegura #nonoscanceles
Desde o día 7 ao 30, todos os venres, sábados e domingos do mes. Horarios e prezos a consultar na web.
Ernesto Is
Escritor
PROGRAMACIÓN:
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Narracións Imprevistas. Literatura Repentina’, con Jorge de Arcos e Santi Prego na Sala Ártika - 1 Decembro, 2022
- ‘Backstage’, de NegroLópez - 10 Outubro, 2022
- ‘Volátil’, Constance Hurlé e Paulo Maestro na Sala Kominsky - 22 Xullo, 2022
- ‘A que non podes dicir Coca-Cola? (II)’, de AveLina Pérez - 2 Xuño, 2022
- ‘El diablo en la playa’, de Matarile Teatro - 31 Marzo, 2022