CAMELIAS MASCOTAS

Andrés Suárez: “Estou moi vivo e non me avergoña expresalo intensamente”

O cantautor de Ferrol publica o seu segundo libro, A través de los ojos, un conxunto de textos próximos á linguaxe da poesía nos que Andrés Suárez nos fai mirar o mundo “a través de los ojos” de diversos personaxes, persoas reais ou do seu arredor, de obxectos e mesmo de sensacións ou estados de ánimo. Isto orixina capítulos como …de un manojo de nervios, o primeiro episodio autobiográfico; …de 2020, ou …de la luz, en forma de críptico QR que el lector debe escanear; ou …de la hipoteca de la envidia. Ademáis da sucesión de puntos de vista prestados a publicación conta con ilustracións a boli Bic de Nuria Riaza, que serven de punto de conexión co videoclip homónimo lanzado ao par.

Andrés Suárez

Existiría A través de los ojos se non tiveses vivido unha cuarentena?

Comecei a escribir un libro antes de todo isto, pero unha pandemia mundial coouse no medio e cambio bastante o plan inicial. A idea a finais de 2019 era escribir un libro que retratase a vida nos ollos dos que escoitan as miñas cancións. Quería recoller as historias que a xente me contaba nos bares ou pola rúa sobre como superara un cancro escoitando a miña música, ou namorara, ou creara unha nova vida. De repente, a pandemia deixounos sen bares e sen as historias que se desenvolven neles e tiven que darlle unha volta. Rompín os folios que levaba escritos e comecei a escribir desde o punto de vista do 2020, de min mesmo, da soidade, da miña guitarra, do medo, dun enfermeiro… A idea non naceu coa pandemia, pero o pasado ano todos nos convertimos en supervivintes e iso está plasmado no libro.

Da vontade por plasmar historias baseadas en feitos reais, quedou algo no resultado final?

Si, a grande maioría, igual que a miña música. Teño compañeiros que inventan todo o que escriben, non son capaces de contar algo persoal. Eu sempre conto historias vividas, que coñezo ben, incluso homenaxes en vida. Ás veces somos moi cainitas e esperamos a que a xente morra para dicirlle as cousas boas. Eu prefiro chegar a tempo e dicir quérote en vida.

Utilizas unha linguaxe moi adornada, chea de adxectivos e metáforas. Como chegaches a ela? Hai algo de deformación profesional de cantautor?

É unha linguaxe musical porque é o que sei facer. Eu non son poeta e apelo a humildade nese sentido, pois sería un parvo se me puxese a min mesmo ao nivel de Elvira Sastre, Felipe Benitez Reyes ou Javier Ruibal. Desde o sentido común podo dicirche que practico a poesía, admíroa profundamente e leo canto cae nas miñas mans. A poesía habita nas cancións, pero se non les non escribes.

E ti que les?

A Jabois, moito. Temén a Julio Llamazares ou Oscar Wilde. En poesía márcame absolutamente Elvira Sastre e hai pouco lin de novo España, de Manuel Vilas, e fascinoume de novo. Trato de ler o que podo sempre que podo e durante o 2020 tratei de dedicar moito tempo a lectura.

A lectura e a escritura foron o pasatempo de moitos de nós durante aqueles meses.

Para min foron o meu refuxio. A lectura xunto coas tres Marías da escola: plástica, música e ximnasia. Igual resulta que non asignaturas tan banais e debemos telas presentes, pois sen elas eu estaría nun manicomio agora mesmo. Cando a realidade é un auténtico inferno buscamos un sustitutivo e para min son a música e as palabras.

Exprésaste sempre, tamén no libro e as cancións, con moita intensidade. Es así de intenso no teu día a día?

Si. E aínda non sei se é unha virtude ou un inmenso defecto. O maestro Sabina, certeiro como de costume, dixo “Cuando beso como beso, follo como follo, bebo como bebo y vivo como vivo, lo normal es salir repleto de cicatrices”. Son consciente de que conleva riscos, pero eu non creo en vivir a vida a medias. Cando me namoro, fágoo ata o final e cando choro, fágoo dunha maneira desgarradora; estou moi vivo e non me avergoña expresalo intensamente, xa sexa dentro do meu circulo ou en forma de libro ou canción.

Nesta caso foi un libro e unha canción o que publicaches, xa que A través de los ojos é tamén o teu novo tema. Que relación hai entre os dous?

Ambas son o mesmo. En tres minutos de canción resumo as 160 páxinas do libro. A min encantáriame poder facer unha canción profundamente intensas como “Yolanda”, de Pablo Milanés ou “Ojalá”, de Silvio Rodríguez que son tres minutos que duran para toda a vida. As cancións que doen, nas que hai dor e pérdida, ira e raiba, un atopa versos afrodisíacos e perfectos.

Es dos poucos artistas quue repiten no Festival TerraCeo e xa esgotaches as entradas. Tes máis fans na túa terra que noutros lugares ou é sempre así?

Desde hai uns anos teño a inmensa sorte de encher as salas nas que toco. Estou inmensamente agradecido a todas as persoas que percorren kilómetros e mercan unha entrada para verme, especialmente . Fódeme moito cando a xente di que o público galego é moi frío, “como o clima”, porque eu o público máis cálido sempre o teño en Galicia.

Quizais porque en Galicia te deches a coñecer?

REVISTA NOVEMBRO

É imposible saber por que suceden as cousas nun mundo tan loco como a música, guiado polas emocións. Non sei o que é, pero aquí sucede unha maxia e unha conexión que oxalá non termine nunca.

O ano pasado presentaches no TerraCeo o teu último disco Andrés Suárez, que nos podes contar do espectáculo do 15 de maio?

Será Andrés Suárez + 1. Ese disco non pode acabar xa e quero alongalo un pouco, para poder facer a xira con banda, a sinatura de discos e as presentacións que non puiden o ano pasado. Volverei tocar Andrés Suárez, pero con novas cancións, temas inéditos e algunha sorpresa.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.