Andaina fotográfica pola senda verde
Mañá, martes, e o sábado día 5 Disparo Digital organiza unha andaina fotográfica pola antiga liña de ferrocarril que unía Vigo con Chapela e que está en proxecto de se converter nunha senda verde para bicicletas e camiñanantes.
A beleza dun lugar abandonado transfórmase cando o lugar se recupera para o uso e deleite dunha sociedade. Un bo exemplo, son os terreos da antiga liña de ferrocarril dende Vigo ata Chapela que aspiran a converterse, despois de que deixaran de usarse fai sete anos, nun xardín urbano.
Esta transformación da maleza en xardín, da adaptación dunhas vías nun paseo para viandantes e ciclistas, é un obxectivo esperado e ilusiónante para moitos cidadáns.
O obxectivo desta ruta fotográfica, máis alá de coñecer esta vía e futura senda verde, é gozar coa fotografía dun entorno e localizacións moi fotoxénicos e interesantes, ideais para fotografar a paisaxe coa ría de fondo ou practicar o retrato.
Nesta andaina fotográfica pararémonos nalgunhas localizacións no noso camiño pola vía, para practicar a composición e técnica fotográfica con máis detalle.
Pódeste inscribir na ruta fotográfica neste enlace.
Fernando Laconde
Últimos posts de Fernando Laconde (ver todos)
- Azul industrial case residencial - 2 Outubro, 2018
- Unha ollada aos estaleiros, patrimonio en extinción - 1 Agosto, 2018
- Captando a tradición ancestral da rapa das bestas - 8 Xuño, 2018
- O encanto dunha vía de tren abandonada - 4 Maio, 2018
- Andaina fotográfica pola senda verde - 30 Abril, 2018