REVISTA ABRIL

O encanto dunha vía de tren abandonada

Os lugares abandonados teñen unha beleza escondida entregada a unha natureza en constante movemento que os coloniza, en parte por esta razón, convertéronse nun xénero fotográfico en si mesmo, e a nosa cidade podería presumir de lugares abandonados, e tamén porque non, de lugares felizmente recuperados.

A beleza dun lugar abandonado transfórmase cando estes espazos se recuperan para o uso e aproveitamento dunha sociedade. Un bo exemplo, son os terreos da antiga liña de ferrocarril que vai de Vigo ata Pontevedra e que os concellos implicados aspiran a converter nunha senda verde para viandantes e ciclistas. Unha demanda histórica con precedentes moi positivos en varias cidades e comarcas do estado.

REVISTA ABRIL

No que atinxe a Vigo, no seu tramo ata Chapela, previse facer un xardín urbano. Esta transformación da maleza en xardín, da adaptación dunhas vías nun paseo para viandantes e ciclistas, é un obxectivo esperado e ilusiónante para moitos cidadáns dende que hai sete anos se abandonara a actividade na vía.
Finalmente, cedéronse os terreos ao concello, e eu como moitos agardo con ilusión este proxecto que espero conserve algún dos tramos de vía que non nos faga esquecer que por aí chegaba o tren a Vigo.

Pero antes de que se transforme a antiga vía, seguirá sendo para min un deses lugares que me gusta reencontrar e camiñar, un lugar idóneo para practicar coa cámara e gozar coa fotografía, non en van, as vías de tren, e máis se cadra estando abandonadas, sempre foron un tema moi suxerinte para a fotografía.

O sábado 5 de maio guiarei unha nova andaina fotográfica por este entorno se estás interesado en participar podes inscribirte no enlace.

(GMT+01:00)

The following two tabs change content below.

Fernando Laconde

O fotógrafo Fernando Laconde, cursou psicoloxía en Santiago de Compostela onde comezou a formarse na súa paixón, a fotografía perfilándoa coma ferramenta pedagóxica e comunicativa. Na actualidade, traballa diversas temáticas fotográficas, dende fotografía arquitectónica e de interiores ao retrato e moda, pasando pola fotografía documental sobre o leste de Europa.