CAMELIAS MASCOTAS

Amigos de la Ópera trae a Vigo ‘Falstaff’, de Giuseppe Verdi, e outras oito actividades

Como cada ano, un conxunto variado de actividades configura o “Outoño Lírico” de Amigos de la ópera Vigo. O festival deste ano estará formado por nove eventos que configuran as distintas actividades e ciclos do mesmo: representación de ópera, concertos, proxeccións e conferencias cun prato forte: por primeira vez en Vigo a representación de Falstaff, a última ópera de Giuseppe Verdi.

FALSTAFF (de Giuseppe Verdi) – 30 de outubro, 20h – Teatro Afundación – Entradas aquí
Representación en versión concerto, semi escenificado que contará cun elenco enteiramente neacional, e a colaboración da OSV430 e o Coro Rías Baixas. Falstaff é unha comedia lírica operística en tres actos con música de Giuseppe Verdi. A trama xira arredor dos esforzos infructruosos do cabaleiro Sir John Falstaff para seducir a dúas mulleres casadas, con tal de quedar coa fortuna dos seus maridos. Foi a última ópera composta por Verdi, segunda comedia, e terceiro material baseado nunha obra de Shakespeare (despois de Macbeth e Otelo). Coa súa estrea, Verdi revolucionou a ópera bufa e o teatro musical.

WAGNER. MUJERES Y DIOSAS – 1 de outubro, 20h, Teatro Afundación – Entradas aquí.
A soprano Maribel Ortega, sen dúbida una as voces wagnerianas máis importante do noso país, ofrécenos un indispensable concerto dedicado á presenza feminina na obra de Richard Wagner.

HUELLAS – 15 de outubro, 20h – Teatro Afundación Entradas aquí.
Un dos máis importantes tenores deste século, Aquiles Machado, ofrécenos este interesante concerto ofrécenos un percorrido sonoro pola canción latinoamericana onde, en diferentes bloques, poderemos gozar da obra de compositores como: López Buchardo, Alberto Ginastera, Antonio Estévez, Modesta Bor e María Grever.

NOVAS VOCES DA LÍRICA GALEGA – 8 de outubro, 20h – Auditorio do Conservatorio Superior de Música De balde
Arias de ópera e romanzas de Zarzuela. Concerto do habitual ciclo novos cantantes galegos.

CINE DE OTOÑO: FALSTAFF, CAMPANADA DE MEDIANOCHE – 11 de outubro, 20h – Auditorio do Concello – De balde
Película de fala inglesa de 1965, producida en España e dirixida e interpretada por Orson Welles. A trama da película céntrase en Sir John Falstaff, personaxe recorrente de William Shakespeare, e na relación paternofilial deste personaxe co príncipe Hal, que debe elixir entre a súa lealdade a Falstaff ou ao seu pai, o rei Enrique IV.​

OPERA EN EL CINE: LA VIDA BREVE – 13 de outubro, 20h – Auditorio do Concello – De balde
La vida breve é unha ópera en dous actos do compositor español Manuel de Falla, sobre un libreto de Carlos Fernández Shaw. Aínda que o seu idioma orixinal é o español, foi estreada en idioma francés, no Casino Municipal de Niza, o 1 de abril de 1913.

HABLEMOS DE… ciclo de charlas na Sala de Conferencias de la Sede Afundación. Todas as citas son ás 19:30 h e de balde

REVISTA NOVEMBRO

Desde Dresde a Isolda: las canciones Wesendonk de R. Wagner – 29 de septiembre – Por Darío Comesaña, socio da AAOV e especialista na obra de Wagner.

Falstaff – 29 de outubro – Mesa redonda na que participarán Manuel Coves (director musical), Eugenia Corbacho (directora de escena) e diferentes membros do elenco de Falstaff.

Renata Tebaldi. La Reina del Verismo – 31 de outubro – Conferencia a cargo de Victoria Stapells e Arturo Reverter. Escritores e críticos musicais.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.