VEGANA

Festival Underfest, Celtas Cortos e Viva Verdi esta fin de semana en Vigo

Setembro arranca cos festivais Underfest e Galician Freaky Film Festival, charlas e moita música en directo… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

BATALLA DE PROGRAMADORES DO GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL – Venres ás 20:00 h na Galería Maraca – De balde

Unha noite de curtas, humor e cervexas na que Juan de Castro ‘Herr Direktor’, Miriam Álvarez ‘Lady Reference’, Ignacio Lago ‘Hacker Man’, proxectarán as súas curtametraxes favoritas e chegarán ás mans para alzarse co premio de Mellor Programador GFFF.  

UNDERFEST: FINK E STONE FOUNDATION – Venres – Fink 24,20 € /Stone Foundation 17, 60 €

O festival Underfest comeza o 13 de setembro con dous concertos de dúas bandas británicas. Fink, actuarán ás 20:00 no Auditorio do Concello, teloneados por Finnegan Tui. Stone Foundation será ás 23:00 na Sala Masterclub. O festival continúna a seguinte fin de semana con de 25 concertos repartidos nunha ducia de salas da cidade. Consulta aquí toda a programación.

A DOS TROVANDO – Venres ás 20:00 h na Sala Rebullón – De balde

A Dos Trovando é un espectáculo musical que ilustra a historia do bolero desde a súa aparición en Santiago de Cuba a finais do século XIX, no marco da Trova Tradicional Cubana. Os artistas escenifican un guión didáctico e divertido, interpretan os boleros a dúas voces e proxectan vídeos e fotografías da época. Un formato multidisciplinar co que logran introducir ao público no ambiente popular e bohemio dos trobadores cubanos.

CHARLA ABERTA CON JAIONE CAMBORDA E BEA SAIÁNS – Venres ás 20:00 h na Asociación Évame Oroza

No mes de setembro, a asociación Évame Oroza organiza un ciclo de charlas multidisciplinares que permitirán ao público achegarse ao traballo de artistas de diferentes disciplinas. A primeira xira arredor da representación de xénero no cine e está protagonizada pola cineasta directora de O Corno, Jaione Camborda e a produtora audiovisual membro de Cru, Bea Saiáns.

CELTAS CORTOS – Venres ás 22:30 h en Cabral – De balde

A banda vallisoletana de folk rock actúa o venres dentro do programa da Romaría da Virxe das Dores de Cabral. O sábado e o domingo tamén haberá música na parroquia con pasarrúas durante todo o día e noite e orquestras M5, Cinema e América.

FESTA VECIÑAL DE TEIS – Sábado e domingo na Praza da ETEA – De balde

Festa na Praza da ETEA con concertos o sábado e festa da escuma o domingo. Tamén haberá hichables e bar durante os dous días. As actuacións do sábado correrán cargo dos grupos O faro da Guía, Sonido de Teis, Sun lou e Tecor Societario.

RECITAL VIVA VERDI – Sábado ás 20:00 h no Teatro Afundación Desde 11,60 €

Concerto dentro do ciclio Otoño Lírico, organizado por Amigos de la Ópera de Vigo. Recital a cargo do tenor Alejandro Roy, o barítono Luis Cansino e a soprano Iwona Sobotka onde, acompañados de piano, farán un repaso de indispensables títulos verdianos como “Il Trovatore”, “Aida”, “Otello”, “Simon Boccanegra” ou “Ernani”.

TEATRO ‘NOVO AMANECER’ -Sábado ás 20:00 h na Sala Ártika – 5,00 €

Peza dentro do festival de teatro amador Fegateatro. Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio. 

PROXECCIÓN ‘+CUÑADOS’ – Sábado ás 20:30 h no Centro Comercial A Laxe

Programación do cine de verán ao aire libre na Azotea da Laxe. A sesión é gratuíta presentando ticket de compra dese día de calquera establecemento do Centro. Inclúe flocos de millo.

Fotograma de ‘+ Cuñados’

CONCERTO THE BROKE + MARTELO – Sábado ás 21:30 h no Sinattra Club – 10,00 €

REVISTA OUTUBRO

Dobre concerto de rock voas bandas galegas The Broke e Martelo. The Broke é o prato forte da noite. Este grupo de Rock destácase pola súa potente presenza vocal e os seus enérxicos riffs de guitarra, apoiados por unha base rítmica sólida que define o seu estilo único: Broke’n’Roll.