VigoCultura avanza que Fernando Tejero, Talía Teatro ou Danny Boy-Rivera formarán parte do programa de outono
A Concellería de Cultura avanza parte da programación municipal de artes escénicas que encherá o Auditorio Municipal entre outubro e decembro. Camino al zoo, con Fernando Tejero, Daniel Muriel e Mabel del Pozo; a proposta de Talía Teatro, vencedora nos María Casares 2024; ou os monólogos de Luis Fabra e Danny Boy-Rivera son algunhas das citas destacadas.

VigoCultura prepara a súa programación de artes escénicas para o segundo semestre do ano no que están previstos 23 espectáculos, dos que 19 son galegos e 4 chegan de fóra de Galicia. O programa conta cun orzamento de 90.00 euros e poderá desfrutarse entre outubro e decembro no Auditorio Municipal.
Aínda quedan moitos detalles por desvelar sobre a programación de outono. Quedan aínda por desvelar as sete producións que completarán o programa, as datas dos espectáculos nin os prezos ou forma de compra das entradas.
VigoCultura ofrecerá espectáculos para adultos, pero tamén para familias, con monicreques, novo circo, maxia, teatro xestual e teatro contemporáneo, ademais dun espectáculo de danza para primeira infancia (nenas e nenos 0 a 3 anos). Unha das novidades desta tempada é o aumento dos espectáculos de stand up comedy, que non adoitaban ser máis de un en programacións pasadas.
Entradas:
As entradas poñeranse á venda o vindeiro martes, 10 de setembro, a partir das 10 da mañá e poden adquirirse sen gastos de xestión na web www.giglon.com, presecialmente na librería Libros para Soñar, situada na rúa Triunfo, 1 e, de quedaron dispoñibles, poderán mercarse o mesmo día da función na billeteira.
Avance de espectáculos para público familiar:

◦ Entrecajas de Teatro Paraíso, premio Fetén 2024 ao mellor espectáculo de clown
◦ A teteira de Kabul, de Xarope Tulú, finalista nos Premios María Casares 2024 na categoría de monicreques
◦ Joshua Kennet, artista inglés-galego, que gañou en 2023 o Premio Frakson outorgado pola Sociedade Española de Ilusionismo de Madrid ao mellor ilusionista do estado español.
◦ O arcón de Noa , estrea da compañía viguesa Amarelo.
Espectáculos para adultos:

◦ Pentación, compañía creada nos anos 80 por Rafael Álvarez “El Brujo”, que trae a Vigo Camino al zoo con Fernando Tejero, Dani Muriel ou Mabel del Pozo
◦ Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, que levou sete premios María Casares 2024 e estivo nomeada aos Premios Max das Artes escénicas
◦ Cuadra de Amor, de Amorodio.
◦ A noite antes xusto dos bosques, de Troponontroppo.
◦ Compañías de renome no panorama teatral galego como Sarabela Teatro, Teatro do Noroeste ou Redrum Teatro, así como compañías de danza como a de Fran Sieira ou Verdeveras en coprodución co Centro Dramático Galego.
Catro monólogos:

▪ Luís Fabra (colaborador do programa de televisión “Todo es mentira”)
▪ Danny Boy-Rivera (colaborador do programa La Resistencia)
▪ Esther Carrodeaguas con O único que verdadeiramente quixen toda vida é ser delgada.
▪ Yo, Fraude, da viguesa de adopción Paula Pier.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Los Secretos, Pequeártiko e Millán Salcedo esta fin de semana en Vigo - 24 Decembro, 2025
- ‘Iribarne’ e o limbo cultural de Vigo: por que a xira de despedida non pasa pola cidade - 22 Decembro, 2025
- Búscanse cineastas frikis para a décima edición do GFFF - 19 Decembro, 2025
- A Laxe enche o Nadal de plans para grandes e pequenos - 17 Decembro, 2025
- Pereira celebra vinte anos de ‘Cocina de Abordo’ cunha edición guiada polo cociñeiro Javier Olleros - 10 Decembro, 2025


