Aitana, SonRías Baixas e Carlos Núñez esta fin de semana en Vigo e a súa área
Volven subir as temperaturas e nós propoñemos unha decena de plans, tanto en Vigo como en arredores, para desfrutar da cultura e do ocio ao aire libre. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
SONRÍAS BAIXAS – De xoves a sábado en Bueu – Desde 40,00€
Este xoves comeza un dos festivais clásicos do verán galego: o SonRías Baixas. Este ano atopamos a artistas como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rayden ou Rozalén de cabezas de cartel. A presenza galega, ademais do amentado trío, é notable: Fillas de Cassandra, The Rapants, Grande Amore, Cool Nenas, Sabela, Mondra…
MÚSICA NO CLAUSTRO – De xoves a mércores na Catedral de Tui – De balde
Música no Claustro é un festival de música, patrimonio e creación que se celebra na Catedral de Tui do1 ao 7 de agosto. A entrada a todos os concertos, protagonizados por artistas de diferentes nacionalidades, é libre e gratuíta.
CURIOSIDADES SOLITA: TENUE – Venres ás 21:00 en Villa Solita – De balde
Curiosidades Solita é un proxecto cultural no que se combina o coñecemento do patrimonio da cidade e a música en directo co obxectivo de converter Villa Solita nun espazo de encontro histórico-artístico. Tenue é unha banda de música que mezcla hardcore, punk, post rock, crust, metal…en urxentes e demoledores trallazos de salvaxe factura, adoradores da distorsión e o extremo, con crúos temas que transmiten rabia, violencia e decepción usando como armas afiladas guitarras, demoledoras seccións rítmicas e unha desgarradora interpretación vocal.
LUZ CASAL – Venres ás 22:00 en Castrelos – De balde
A artista de Boimorto Luz Casal actúa o venres 2 de agosto no parque de Castrelos dentro da programación municipal de Vigo en Festas. A cantante coruñesa presenta ‘Las ventanas de mi alma’, o seu decimosexto disco publicado no 2023 é o primero con cancións inéditas en cinco anos. A propia Luz di que este e o seu disco máis persoal e reflexivo. Durante o concerto tamén repasará algúns dos temas máis destacados da súa carreira.
FESTAS DA GUÍA – De sábado a luns na Carballeira da Guía – De balde
Do 3 ao 5 de agosto celébranse as Festas da Guía na Honra da Nosa Señora das Neves. Nestes días amenizarán a verbena os grupos Tormenta, Orquestra Alabama, Sin Reserva e Orquestra Pontevedra.
THE FRANKIES & TINCHO – Sábado ás 13:00 no Bar Princesa
Concerto do trío formado por Frans Banfield, Franc Gorriz e Tincho Amenábar para amenizar a sesión vermú do sábado no corazón da cidade.
CARLOS NÚÑEZ – Sábado e domingo en Monteferro – Desde 25,00 €
O gaiteiro internacional regresará o sábado 3 de agosto ás 20:30 horas e o domingo 4 ás 11:00 e 20:30 á súa cita co verán nigranés. Os espectáculos servirán para presentar na comarca o seu novo traballo, froito da colaboración con Brittany Ferries. Só quedan entradas para o domingo ás 11:00.
AITANA – Sábado ás 22:00 en Castrelos – De balde
Aitana é, despois de Rosalía, a maior estrela do pop español dos últimos anos. Desde que se deu a coñecer en 2017 no programa Operación Triunfo, non deixa de colleitar éxitos, de ampliar o seu público e de encher todos os recintos nos que actúa, incluíndo estadios e grandes festivais. O seu último disco é alpha (2023) e, curiosamente, hai pouco sacou unha colaboración co galego Sen Senra, quen tamén actuou en Castrelos este verán. Promete ser o concerto máis multitudinario deste ano en Vigo.
MOJINOS ESCOZÍOS – Sábado a partir das 22:30 en Matamá – De balde
A irreverente banda de rock capitaneada por El Sevilla volve a Vigo, concretamente a Matamá, para facer das súas. Están acompañados no cartel pola Orquesta Panorama, América de Vigo ou o DJ Kiko Rivera.
TRIPLE CONCERTO – Sábado e domingo no Chiringuito da ETEA – De balde
Esta fin de semana temos tres concertos no Chiringuito da ETEA, un dos últimos en chegar pero dos que maior programación musical ofrecen. O sábado ás 20:00 actúa La Buena Vida e o domingo Va de retro en sesión vermú (12:30) e Nacional 81 ás 20:00. Aquí o noso mapa de chiringuitos polos que pasar este verán.