COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

As entradas do concerto de Aitana póñense á venda este venres

03ago22:00As entradas do concerto de Aitana póñense á venda este venresCONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

Continuamos descubrindo nome a nome o cartel completo da programación de Vigo en Festas para Castrelos. A última confirmación é a cantante Aitana, que actuará no auditorio vigués o sábado 3 de agosto.

Aitana é, despois de Rosalía, a maior estrela do pop española dos últimos anos. Desde que se deu a coñecer en 2017 no programa Operación Triunfo, non deixa de colleitar éxitos, de ampliar o seu público e de encher todos os recintos nos que actúa, incluíndo estadios e grandes festivais. O seu último disco é alpha (2023) e, curiosamente, hai pouco sacou unha colaboración co galego Sen Senra, quen tamén actuará en Castrelos este verán.

Entradas á venda o xoves 18 de xullo

A venda para o quinto dos concertos do Vigo en Festas 2024 terá lugar o venres 19 de xullo, seguindo o novo sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no Auditorio de Castrelos e 1000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online a través de www.vigoenfestas.cliqueo.es.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva.

Consulta a programación completa a Castrelos nesta ligazón.

Máis

Hora

3 agosto, 2024 22:00(GMT+02:00)