CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Vigo SeaFest, Carlos Blanco e verbenas esta fin de semana en Vigo

Aída que a climatoloxía non acompañe todo o que nos gustaría nestas semanas de verán, a actividade cultural na nosa cidade e arredores non descansa. Esta fin de semana temos festivais de música e cine, verbenas ata en tres barrios, monólogos, concertos grandes e pequenos, bailes na rúa… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Vigo SeaFest | P. Vázquez

VIGO SEAFEST – De xoves a domingo na zona do Náutico – De balde

O Vigo SeaFest celebrará a súa quinta edición nos xardíns de Elduayen entre o 11 e o 14 de xullo. O festival ten como obxectivo principal promocionar o consumo de produtos pesqueiros nun ambiente festivo. O evento conta cunha coidada programación musical que se move entre o rock e o soul, unha gran variedade de petiscos mariños de restaurantes locais e actividades para todas as idades.

CINEMA A PEDAL – De venres a domingo no Esteiro da Foz da Ramallosa – De balde

No 2022 nacía en Nigrán unha proposta de ocio diferente: cine, en verán, ao aire libre e proxectado coa enerxía do pedaleo dos asistentes. Tres anos despois, a proposta consolídase, crece en días e ofrecendo en cada edición máis actividades paralelas á proxección de filmes, tanto para nenos como para adultos, ademáis de foodtrucks e ecomercado. Todo isto con acceso libre e de balde no Esteiro da Foz da Ramallosa.

FESTAS POPULARES EN CANDEÁN, ALCABRE E CORUXO – Toda a finde – De balde

O verán é tempo de verbena, e case todos os barrios e parroquias de Vigo xa fixeron públicas as datas das súas festas maiores. Esta fin de semana é a quenda de San Cristovo en Candeán, Santa Baia e Santo Antón en Alcabre e a Virxe do Carme en Coruxo.

MONÓLOGO CARLOS BLANCO – Venres ás 19:00 na azotea do CC A Laxe – Desde 13,00€

A xornada comezará cun evento especialmente deseñado para os máis pequenos da casa co grupo tributo Cosquillas. Máis tarde, a partir das 19:00, a azotea da Laxe transformarase no escenario perfecto para gozar do atardecer máis esperado do verán. Carlos Blanco, recoñecido actor, autor e director teatral, ofrecerá unha velada chea de humor e enxeño. Entre medias, zona gastro e sesións DJ.

Carlos Blanco | A. Sotelo

CURIOSIDADES SOLITA: CRÚAS – Venres ás 21:00 en Villa Solita – De balde

Curiosidades Solita é un proxecto cultural no que se combina o coñecemento do patrimonio da cidade e a música en directo co obxectivo de converter “Villa Solita” nun espazo de encontro histórico-artístico. Crúas son un proposta de Alba á voz e Iria ao piano e voz que nace para poñerlles música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas.

PAINT & WINE – Sábado ás 11:00 na Fundación Sales – 50,00€

Este sábado, 13 de xullo, o taller de debuxo ALASELVA organiza unha experiencia de Paint & Wine no Xardín Botánico da Fundación Sales. De 11:00 a 13:30, gozaremos dunha mañá creativa pintando un cacto en acuarela, con todos os materiais incluídos e sen necesidade de experiencia previa. Todo isto acompañado dun viño, vermú ou cervexa.

SWING ON DJ – Sábado ás 19:00 fonte ao Bar El Castro – De balde

Este sábado volve o swing ao Paseo de Alfonso! Nesta ocasión Swing On DJ poñerán a mellor música para bailar en El Castro Bar: swing, blues, hard bop, bebop…todo temazos! Para botar un baile ou unhas cañitas desfrutando do solpor.

PRESENTACIÓN OLLIE NAVIA – Sábado ás 20:00 na Sala Kominsky – 10,00€

Evento de presentación do festival gratuíto e autoxestionado Ollie Navia, que terá lugar o 26 e 27 de xullo no skatepark de Navia. Nesta xornada previa na Kominsky actuarán Diving Though Jellyfishes, Latonu, Why Not?, Muriel e Leri.

DANI FERNÁNDEZ – Sábado ás 22:00 en Castrelos – De balde

Este sábado o cantante Dani Fernández abre os concertos de Castrelos, dentro da programación Vigo en Festas. Dani Fernández é un cantante e músico español, coñecido por ser o vocalista principal da banda Auryn. Tras a separación do grupo en 2016, iniciou a súa carreira en solitario. En 2019 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Incendios, cun total de 10 cancións, incluíndo unha colaboración con Andrés Suaréz, e en 2022 publicou o segundo, Entre las dudas y el azar

Dani Fernández | Cedida

CARREIRA PONLE FRENO – Domingo ás 10:00 no Paseo de Alfonso XII – 10,00€

SONRIAS

O domingo 14 de xullo celébrase en Vigo a Carreira Ponle Freno, organizada por Atresmedia. Ese día correrase polas vítimas de tráfico. A proba conta con dous percorridos, un de 5K e outro de 10 K (o de 5 quilómetros dúas veces). A saída é as 10:00 da mañá desde o paseo de Alfonso XII, onde tamén rematará este percorrido circular.