CAMELIAS

Este é un evento repetitivo

Curiosidades Solita

02ago21:00Curiosidades SolitaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde21:00(GMT+02:00) Villa Solita

Detalles do eventos

Curiosidades Solita é un proxecto cultural no que se combina o coñecemento do patrimonio da cidade e a música en directo co obxectivo de converter “Villa Solita” nun espazo de encontro hiórico-artístico. Pop-Rock, jazz, metal, punk, funky, pop e poemas convertidos en cancións poboarán durante os meses de xullo e agosto o escenario de “Curiosidades Solita”. Todas as citas son de balde e ás 21:00h.

Venres 5 de xullo – Marta Mera e Martín Rigz Swing Project
A cantante Marta Mera e o pianista Martín Rigz, acompañados ao contrabaixo por Juan Alonso e Juan Guerrero á batería, desenvolveran Swing Proyect, un proxecto musical creado por estes catro músicos da escena jazz galega, que farán un recorrido por algúns clásicos (e non tan clásicos) do swing, con algunha sorpresa

Venres 12 de xullo – Crúas
Crúas son un proposta de Alba á voz e Iria ao piano e voz que nace para poñerlles música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas.

Venres19 de xullo – MJ Pérez
MJ Pérez é unha das voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula máis de 150 concertos por toda Galicia e tamén Portugal. Suma xa catro álbums: un autoeditado e outros tres auto-producidos. Estivo presente en festivais e nos principáis circuítos musicais de Galicia. A artista arzuá, ofrece neste espectáculo unha auténtica viaxe de sensacións e estilos, pois vai dende o pop-rock ata a música portuguesa, pasando por ritmos latinos. Se algo destaca desta autora é a súa versatilidade á hora de xogar cos diferentes estilos, mais sen perder a esencia que a caracteriza.

Venres 26 de xullo – Dúbida
Dúbida é un proxecto creado por un grupo de amigos (Dania na voz principal, Bruno ao baixo, Xoán ao teclado, Michu
na batería e Guti na guitarra) con ganas de facer música que foi medrando pouco a pouco experimentando con
diferentes estilos. O seu pilar é o funky, pero tamén lles gusta navegar polo blues, jazz, pasando polo rock.

Venres 2 de agosto – Tenue
Tenue é unha banda de música que mezcla hardcore, punk, post rock, crust, metal…en urxentes e demoledores trallazos de salvaxe factura, adoradores da distorsión e o extremo, con cruos temas que transmiten rabia, violencia e decepción usando como armas afiladas guitarras, demoledoras seccións rítmicas e unha desgarradora interpretación vocal.

Venres o 9 de agosto – Ars Longa
Ars Longa son Teresa Paz, soprano e frautas doces e Aland López, guitarra barroca e archilaúde que interpretaran un repertorio de panxoliñas, tonos e danzas de arquivos da América dos séculos XVI e XVII.

Venres 16 de agosto – Bratzantifa
O dúo Bratzantifa, composto por Lucía Amado e Marina González, naceu como proposta musical en plena pandemia. Contan que comenzaron a experimentar con sonidos creados coa axuda do teléfono móbil para pasar o rato, e triunfaron no Festigal de 2022 co seu cañeiro bedroom pop.

Venres 23 de agosto – Other Game
Other Game é un grupo de xóvenes vigueses que versiona cancións de rock e heavy de todos os tempos, como “Are You Gonna Be My Girl” de JET ou grupos como Nirvana, Metallica o Muse. A estos se lle suman cancións de creación propia nas que están traballando actualmente.

Máis

Hora

2 agosto, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Villa Solita

Camiño Freixeiro, 14, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events